Andaina das Catro Capelas

LOUSAME (Capela de San Roquiño)

INFORMACIÓN

DATOS TÉCNICOS

Dia 14/1/2018

Lugar de Saida: Capela de San Roquiño (Lousame)

Hora: 9:00 h.

Distancia 18,5 kms.

Ruta circular premarcada, ritmo libre

Dificultade media-alta

Duración da actividade: 9:00 h-14:00 h. solo pola mañan.

Avituallamento intermedio

Inscricións a partir do 23/12/2017 - Límite de plazas

Obrigatorio inscripción e pago en conta

Custo da ruta 5€

Modo de pago en conta bancaria.

 

INFORMACIÓN

 

A Ruta das Catro Capelas está deseñada para dar a coñecer o ámplio patrimonio etno-relixioso das terras de Lousame. Con saida e chegada na Capela de San Roquiño, levará aos participantes polas sendas, montes e camiños con máis sona e tamén con máis segredos deste lugar de natureza salvaxe que convive con pequenos núcleos de poboación que manteñen vivas as capelas e as tradicións.

 

 

A ruta estará premarcada, e podrase facer a ritmo libre, que cada un considere convinte. Califícase de dificultade media-alta xa que teremos que afrontar a subida ao monte San Lourenzo e dende a organización aconsellamos levar bastóns de trekking a quén lle coste subir, pero sobre todo recoméndase ser consciente cada un das súas posibilidades e dosificar esforzos dende un principio. Un avituallamento intermedio de líquidos e solidos axudará a facer mellor o camiño.

 

Non se permitirán cans acompañando aos camiñantes.

 

INSCRICIÓNS

Prazas limitadas

Custe da inscrición 5,00 €.

A inscripción pecharase no momento de ter o cupo de prazas cuberto ou o dia 12/01/2018 as 13h.

MODO INSCRIPCIÓN

1.- Cubrir os datos no SEGUINTE FORMULARIO (premer aquí)

3.- Facer ingreso da cuota na conta bancaria da asociación.

4.- Enviar por whatsap ou correo electronico xustificante de pago.

5.- A asociación confirmara o participante que ten a praza adxudicada.

 

 

 

Teléfono e WhatsApp: 662 067 241

Email: sendaxxibarbanza@gmail.com

Facebook: www.facebook.com/sendaxxi

REGULAMENTO

PARTICIPANTES

 

O participante terá que encontrarse en perfecto estado de saúde para realizar esta actividade.

Os participantes teñen a obriga de cumprir e atender as indicacións da organización.

Os participantes teñen cobertura de RC e seguro de accidentes.

Os participantes teñen a obriga de comunicar a organización calquer incidente ou contratempo sufrido durante o percorrido  SEMPRE ANTES DE ABANDONAR A ACTIVIDADE.

En caso de abandono voluntario por parte do participante deberá ser comunicado a organización.

O participante NUNCA debera saír do grupo sin ter avisado os compañeiros ou a organización.

 

CONSELLOS

 

Levar telefono mobil a man e ca bateria cargada.

Levar roupa e calzado axeitado en concordancia co terreo e a metereoloxia.

Levar bastóns de trekking de telos que necesitar.

A organización non se responsabiliza do deterioro ou perda de ningún obxeto persoal do participante.

Todo aquel participante con alerxia a picaduras de insectos, polen ou vexetación deberá preveelo traendo consigo o que considere oportuno.

Haberá botiquin con cousas básicas

 

 

AVITUALLAMENTO- DUCHAS

 

En todalas etapas haberá un avituallamento intermedio de solido e liquido.

As persoas con algunha alerxia a algún alimento ten a obriga de preguntar os voluntarios no avituallamento para así poder evitar calquer reacción alerxica.

Si hai posibilidade de duchas, farese saber.

 

RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES

 

Farase sempre no punto acordado firmando por parte do participante un acta asistencial no cal figuran no encabezamento unha serie de NORMAS DA ASOCIACIÓN estando así obrigados o cumprimento das mesmas.

Do punto de recepción de participantes partiremos en bus ata o punto de inicio da ruta.

Maxima puntualidade.

 

OUTRAS CONSIDERACIÓNS

 

Calquer imprevisto xurdido durante a actividade terá que ser resolto pola organización e acatadodo polo participante ou grupo.

A organización reservase o dereito a aplazar ou cancelar a actividade por condicións metereoloxicas adversas con risco para os participantes.

A organización reservase o dereito de poder modificar percorrido por risco do grupo.

A organización pode facer uso das imaxes tomadas durante o percorrido para dar a coñecer a actividade nos medios que considere oportunos.

O DESCOÑECEMENTO DESTE REGULAMENTO NON EXIME DO SEU CUMPRIMENTO.