Travesía Corrubedo - Obradoiro

Etapa 0

Corrubedo

INFORMACIÓN

DATOS TÉCNICOS

Dia 4/3/2018

Lugar de Saida: Porto de Corrubedo

Hora de recepción: 8:30 h.

Hora de saida: 9:00 h.

Distancia 18,5 kms.

Ruta circular

Dificultade baixa

Duración da actividade: 9:00 h-14:00 h. solo pola mañan.

Avituallamento intermedio

Inscricións a partir do 14/02/2018 - Límite de plazas

Obrigatorio inscripción

Custo da ruta 5€

 

INFORMACIÓN

 

Nesta Etapa 0 da Travesía Faro de Corrubedo - Plaza do Obradoiro, facerase a presentación das 8 etapas seguintes donde os camiñantes que queiran acompañarnos rematarán o 21 de outubro na capital galega, logo de percorrer oito novos trazados dende a cabeceira da Ría de Arousa, pasando pola Ría de Muros-Noia, e polo Rio Tambre ata chegar a Compostela.

 

Esta primeira etapa de presentación será circular, de 18,5 km. de distancia pola contorna de Corrubedo, Teira, Espiñeirido, Olveira, Bretal, e a praia da Ladeira. A dificultade calificámola de baixa polo que se considera apta para calquer persoa con capacidade física para afrontar esa distancia. Coma sempre haberá un avituallamento intermedio de sólido e líquido para repoñer forzas, e recomendamos seguir as instruccións dos monitores e notificarlles calquer incidencia.

 

Non se permitirán cans acompañando aos camiñantes.

 

INSCRICIÓNS

A inscripción pecharase no momento de ter o cupo de prazas cuberto ou o 01/03/2018 as 23:59 h.

 

Será obligatorio realizar a inscrición a través do formulario que figura máis abaixo ou dende a web de www.galitiming.com non aceptándose outro tipo de inscrición nin a través doutro medio.

 

A ORGANIZACIÓN RESÉRVASE O DEREITO ANTE CALQUER IMPREVISTO METEOROLÓXICO DE MODIFICAR TRAZADO OU SUSPENDER A ACTIVIDADE

 

 

 

Teléfono e WhatsApp: 662 067 241

Email: sendaxxibarbanza@gmail.com

Facebook: www.facebook.com/sendaxxi

REGULAMENTO

PARTICIPANTES

 

O participante terá que encontrarse en perfecto estado de saúde para realizar esta actividade.

Os participantes teñen a obriga de cumprir e atender as indicacións da organización.

Os participantes teñen cobertura de RC e seguro de accidentes.

Os participantes teñen a obriga de comunicar a organización calquer incidente ou contratempo sufrido durante o percorrido  SEMPRE ANTES DE ABANDONAR A ACTIVIDADE.

En caso de abandono voluntario por parte do participante deberá ser comunicado a organización.

O participante NUNCA debera saír do grupo sin ter avisado os compañeiros ou a organización.

 

CONSELLOS

 

Levar telefono mobil a man e ca bateria cargada.

Levar roupa e calzado axeitado en concordancia co terreo e a metereoloxia.

Levar bastóns de trekking de telos que necesitar.

A organización non se responsabiliza do deterioro ou perda de ningún obxeto persoal do participante.

Todo aquel participante con alerxia a picaduras de insectos, polen ou vexetación deberá preveelo traendo consigo o que considere oportuno.

Haberá botiquin con cousas básicas

 

 

AVITUALLAMENTO- DUCHAS

 

En todalas etapas haberá un avituallamento intermedio de solido e liquido.

As persoas con algunha alerxia a algún alimento ten a obriga de preguntar os voluntarios no avituallamento para así poder evitar calquer reacción alerxica.

Si hai posibilidade de duchas, farese saber.

 

RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES

 

Farase sempre no punto acordado firmando por parte do participante un acta asistencial no cal figuran no encabezamento unha serie de NORMAS DA ASOCIACIÓN estando así obrigados o cumprimento das mesmas.

Do punto de recepción de participantes partiremos en bus ata o punto de inicio da ruta.

Maxima puntualidade.

 

OUTRAS CONSIDERACIÓNS

 

Calquer imprevisto xurdido durante a actividade terá que ser resolto pola organización e acatadodo polo participante ou grupo.

A organización reservase o dereito a aplazar ou cancelar a actividade por condicións metereoloxicas adversas con risco para os participantes.

A organización reservase o dereito de poder modificar percorrido por risco do grupo.

A organización pode facer uso das imaxes tomadas durante o percorrido para dar a coñecer a actividade nos medios que considere oportunos.

O DESCOÑECEMENTO DESTE REGULAMENTO NON EXIME DO SEU CUMPRIMENTO.