Travesía Corrubedo - Obradoiro

Etapa 1

Faro de Corrubedo - Balteiro

INFORMACIÓN

DATOS TÉCNICOS

Dia 25/3/2018

Lugar de recepción: Balteiro (xunto ao Camping Ría de Arosa 2) - https://goo.gl/maps/7dcAdaGs5SL2

Hora: 8,15 h.

Saída en bus ao Faro de Corrubedo: 8,40 h.

Lugar de saída da ruta: Faro de Corrubedo

Hora de saída camiñata: 9:00 h.

Distancia 18 kms.

Ruta lineal premarcada e ritmo libre

Dificultade media-baixa

Duración da actividade: 9:00 h-14:00 h. solo pola mañan.

Avituallamento intermedio de sólido e líquido.

Limite de prazas.

Inscricións a partir do 5//3/2018 - Límite de plazas

Obrigatorio inscripción online

Custo da ruta 7€

Modo de pago: con tarxeta

 

 

INFORMACIÓN

 

A Etapa 1 da saida do camiño que levará aos sendeiristas dende o Faro de Corrubedo ata a Praza do Obradoiro. Nestes primeiros 18 km. recorreremos a contorna da costa de Corrubedo e adentrarémonos hacia o Dolmen de Axeitos para rematar nun agradable paseo pola parte máis descoñecida da senda do rio Arlés que remata na aldea de Balteiro, cubrindo así esta primeira etapa.

 

A dificultade calificámola de media-baixa polo que se considera apta para calquer persoa con capacidade física para afrontar esa distancia. Coma sempre haberá un avituallamento intermedio de sólido e líquido para repoñer forzas, e recomendamos seguir as instruccións dos monitores e notificarlles calquer incidencia.

 

Non se permitirán cans acompañando aos camiñantes.

 

INSCRICIÓNS

A inscripción pecharase no momento de ter o cupo de prazas cuberto ou o 22/3/2018 as 23:59 h.

 

Será obligatorio realizar a inscrición a través do formulario que figura máis abaixo ou dende a web de www.galitiming.com non aceptándose outro tipo de inscrición nin a través doutro medio.

 

A ORGANIZACIÓN RESÉRVASE O DEREITO ANTE CALQUER IMPREVISTO METEOROLÓXICO DE MODIFICAR TRAZADO OU SUSPENDER A ACTIVIDADE

 

 

 

Teléfono e WhatsApp: 637 954 090

Email: sendaxxibarbanza@gmail.com

Facebook: www.facebook.com/sendaxxi

REGULAMENTO

PARTICIPANTES

 

O participante terá que encontrarse en perfecto estado de saúde para realizar esta actividade.

Os participantes teñen a obriga de cumprir e atender as indicacións da organización.

Os participantes teñen cobertura de RC e seguro de accidentes.

Os participantes teñen a obriga de comunicar a organización calquer incidente ou contratempo sufrido durante o percorrido  SEMPRE ANTES DE ABANDONAR A ACTIVIDADE.

En caso de abandono voluntario por parte do participante deberá ser comunicado a organización.

O participante NUNCA debera saír do grupo sin ter avisado os compañeiros ou a organización.

 

CONSELLOS

 

Levar telefono mobil a man e ca bateria cargada.

Levar roupa e calzado axeitado en concordancia co terreo e a metereoloxia.

Levar bastóns de trekking de telos que necesitar.

A organización non se responsabiliza do deterioro ou perda de ningún obxeto persoal do participante.

Todo aquel participante con alerxia a picaduras de insectos, polen ou vexetación deberá preveelo traendo consigo o que considere oportuno.

Haberá botiquin con cousas básicas

 

 

AVITUALLAMENTO- DUCHAS

 

En todalas etapas haberá un avituallamento intermedio de solido e liquido.

As persoas con algunha alerxia a algún alimento ten a obriga de preguntar os voluntarios no avituallamento para así poder evitar calquer reacción alerxica.

Si hai posibilidade de duchas, farese saber.

 

RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES

 

Farase sempre no punto acordado firmando por parte do participante un acta asistencial no cal figuran no encabezamento unha serie de NORMAS DA ASOCIACIÓN estando así obrigados o cumprimento das mesmas.

Do punto de recepción de participantes partiremos en bus ata o punto de inicio da ruta.

Maxima puntualidade.

 

OUTRAS CONSIDERACIÓNS

 

Calquer imprevisto xurdido durante a actividade terá que ser resolto pola organización e acatadodo polo participante ou grupo.

A organización reservase o dereito a aplazar ou cancelar a actividade por condicións metereoloxicas adversas con risco para os participantes.

A organización reservase o dereito de poder modificar percorrido por risco do grupo.

A organización pode facer uso das imaxes tomadas durante o percorrido para dar a coñecer a actividade nos medios que considere oportunos.

O DESCOÑECEMENTO DESTE REGULAMENTO NON EXIME DO SEU CUMPRIMENTO.