Travesía Corrubedo - Obradoiro

Etapa 6

Nimo - Ponte de Santa María de Ons (Brión)

INFORMACIÓN

DATOS TÉCNICOS

Dia 16/9/2018

Lugar de recepción: Ponte de Santa María de Ons (Brión) - https://goo.gl/maps/6EMq9cG2zQ12

Hora: 8:20 h. - 8:30 h.

Saída en bus a Nimo 8:40 h.

Lugar de saída da ruta: Nimo (Outes)

Hora de saída camiñata: 9:00 h.

Distancia: 20 kms.

Dificultade: Media-Baixa

Ruta lineal, premarcada e ritmo libre.

Recoméndase roupa axeitada ás condicións climatolóxicas do día.

Duración da actividade: 9:00 h-14:00 h. solo pola mañan.

Avituallamento intermedio de sólido e líquido.

Limite de prazas.

Inscricións abertas - Límite de plazas

Obrigatorio inscripción online

Custo da ruta 7€

Modo de pago: con tarxeta

 

 

INFORMACIÓN

 

A ruta comenza na aldea de Nimo  cunha  ascensión,  levadeira, ata cerca do Castelo de Nimo. Seguiremos por pistas ata Goiáns donde poderemos ver os seus coñecidos muiños. Logo metidos entre caballerías seguirémos o curso do río Tambre ata o Rego de Viceso, ca sua fervenza e con varios muiños. Por aldeas e camiños encontraremos de novo co Tambre para ver as Pesqueiras e veremos a fervenza do Pozo Negro.

 

Nesta ruta descubriremos lugares con encanto e camiños afastados dos roteiros tradicionais, nos que a natureza ábrese espectacular nesta época do ano dando a benvida ao outono. De dificultade media-baixa, aproveitaremos para continuar deixando a pegada en cada pedra no noso camiño ata o Obradoiro.

 

Non se permitirán cans acompañando aos camiñantes.

 

INSCRICIÓNS

A inscripción pecharase no momento de ter o cupo de prazas cuberto ou o 13/9/2018 as 23:59 h.

 

Será obligatorio realizar a inscrición a través do formulario que figura máis abaixo ou dende a web de www.galitiming.com non aceptándose outro tipo de inscrición nin a través doutro medio.

 

A ORGANIZACIÓN RESÉRVASE O DEREITO ANTE CALQUER IMPREVISTO METEOROLÓXICO DE MODIFICAR TRAZADO OU SUSPENDER A ACTIVIDADE

 

 

 

Teléfono e WhatsApp: 637 954 090

Email: sendaxxibarbanza@gmail.com

Facebook: www.facebook.com/sendaxxi

REGULAMENTO

PARTICIPANTES

 

O participante terá que encontrarse en perfecto estado de saúde para realizar esta actividade.

Os participantes teñen a obriga de cumprir e atender as indicacións da organización.

Os participantes teñen cobertura de RC e seguro de accidentes.

Os participantes teñen a obriga de comunicar a organización calquer incidente ou contratempo sufrido durante o percorrido  SEMPRE ANTES DE ABANDONAR A ACTIVIDADE.

En caso de abandono voluntario por parte do participante deberá ser comunicado a organización.

O participante NUNCA debera saír do grupo sin ter avisado os compañeiros ou a organización.

 

CONSELLOS

 

Levar telefono mobil a man e ca bateria cargada.

Levar roupa e calzado axeitado en concordancia co terreo e a metereoloxia.

Levar bastóns de trekking de telos que necesitar.

A organización non se responsabiliza do deterioro ou perda de ningún obxeto persoal do participante.

Todo aquel participante con alerxia a picaduras de insectos, polen ou vexetación deberá preveelo traendo consigo o que considere oportuno.

Haberá botiquin con cousas básicas

 

 

AVITUALLAMENTO- DUCHAS

 

En todalas etapas haberá un avituallamento intermedio de solido e liquido.

As persoas con algunha alerxia a algún alimento ten a obriga de preguntar os voluntarios no avituallamento para así poder evitar calquer reacción alerxica.

Si hai posibilidade de duchas, farese saber.

 

RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES

 

Farase sempre no punto acordado firmando por parte do participante un acta asistencial no cal figuran no encabezamento unha serie de NORMAS DA ASOCIACIÓN estando así obrigados o cumprimento das mesmas.

Do punto de recepción de participantes partiremos en bus ata o punto de inicio da ruta.

Maxima puntualidade.

 

OUTRAS CONSIDERACIÓNS

 

Calquer imprevisto xurdido durante a actividade terá que ser resolto pola organización e acatadodo polo participante ou grupo.

A organización reservase o dereito a aplazar ou cancelar a actividade por condicións metereoloxicas adversas con risco para os participantes.

A organización reservase o dereito de poder modificar percorrido por risco do grupo.

A organización pode facer uso das imaxes tomadas durante o percorrido para dar a coñecer a actividade nos medios que considere oportunos. Estas imaxes difundiranse nos medios xestionados por Senda XXI e nunca en redes sociais personais.

O DESCOÑECEMENTO DESTE REGULAMENTO NON EXIME DO SEU CUMPRIMENTO.