DATOS TÉCNICOS
Dia 21/10/2018
Lugar de recepción: Dársenas de autobuses Avd. Xoan XXIII - https://maps.google.com/?cid=14839331007921852422
Hora: 8:15 h. - 8:30 h.
Saída en bus a San Tomé: 8:40 h.
Lugar de saída da ruta: San Tomé de Ames
Hora de saída camiñata: 9:00 h.
Distancia: 20 kms.
Dificultade: Media-Baixa
Ruta lineal, premarcada e ritmo libre.
Recoméndase roupa axeitada ás condicións climatolóxicas do día.
Duración da actividade: 9:00 h-14:00 h. solo pola mañan.
Avituallamento intermedio de sólido e líquido.
Limite de prazas.
Inscricións abertas - Límite de plazas
Obrigatorio inscripción online
Custo da ruta 7€
Modo de pago: con tarxeta
INFORMACIÓN
Esta última etapa é a máis esperada por tod@s, pola vistosidade e emotiva entrada á Praza do Obradoiro. Saliremos as 9:00 h da iglesia de Santo Tomé de Ames para percorrer no inicio a ruta que ten o concello de Ames chámada "Ruta Riamonte" cos seus 9 muiños.
Dende alí e pola ladeira do monte San Marcos, chegaremos os petroglifos do Castelo, pouco conocidos pero sí moi interesantes.
Seguiremos a ruta ata a toparnos co Camiño Santiago-Fisterra ateigado de peregrinos, o cal nos uniremos para facer a entrada a Santiago, pola ponte do Río Sarela. Na alameda sobre as 13,30h esperaranos un grupo numeroso de gaiteros, que nos acompañaran ata a á Praza do Obradoiro.
Despois da chegada comeremos no Restaurante Casa Manolo como xa fixemos noutra ocasións.
IMPORTANTE
- Teredes que ter unha previsión de tempo para deixar o coche aparcado nunha zona adecuada. OLLO!!
- Os autobuses teñen a tarifa paga para 15 min dende que entran na dársena ata que salen, NON SE ESPERA POR NINGUÉN
- Nos autobuses daresevos o ticket de reserva da comida, que tendes que ter con vos ata chegar ao restaurante.
- Todas aquelas persoas que levedes un acompañante a comida, pode esperarnos na alameda de Santiago, frente o instituto Rosalía
- Teremos que intentar ter un ritmo adecuado para facer a entrada no Obradoiro sobre as 14:00 h tod@s xuntos o son dos gaiteros.
- Haberá duchas para quen precise, aínda sin confirmar lugar por parte do concello de Santiago (departamento de deportes).
Non se permitirán cans acompañando aos camiñantes.
A inscripción pecharase no momento de ter o cupo de prazas cuberto ou o 18/10/2018 as 23:59 h.
Será obligatorio realizar a inscrición a través do formulario que figura máis abaixo ou dende a web de www.galitiming.com non aceptándose outro tipo de inscrición nin a través doutro medio.
A ORGANIZACIÓN RESÉRVASE O DEREITO ANTE CALQUER IMPREVISTO METEOROLÓXICO DE MODIFICAR TRAZADO OU SUSPENDER A ACTIVIDADE
Teléfono e WhatsApp: 637 954 090
Email: sendaxxibarbanza@gmail.com
Facebook: www.facebook.com/sendaxxi
PARTICIPANTES
O participante terá que encontrarse en perfecto estado de saúde para realizar esta actividade.
Os participantes teñen a obriga de cumprir e atender as indicacións da organización.
Os participantes teñen cobertura de RC e seguro de accidentes.
Os participantes teñen a obriga de comunicar a organización calquer incidente ou contratempo sufrido durante o percorrido SEMPRE ANTES DE ABANDONAR A ACTIVIDADE.
En caso de abandono voluntario por parte do participante deberá ser comunicado a organización.
O participante NUNCA debera saír do grupo sin ter avisado os compañeiros ou a organización.
CONSELLOS
Levar telefono mobil a man e ca bateria cargada.
Levar roupa e calzado axeitado en concordancia co terreo e a metereoloxia.
Levar bastóns de trekking de telos que necesitar.
A organización non se responsabiliza do deterioro ou perda de ningún obxeto persoal do participante.
Todo aquel participante con alerxia a picaduras de insectos, polen ou vexetación deberá preveelo traendo consigo o que considere oportuno.
Haberá botiquin con cousas básicas
AVITUALLAMENTO- DUCHAS
En todalas etapas haberá un avituallamento intermedio de solido e liquido.
As persoas con algunha alerxia a algún alimento ten a obriga de preguntar os voluntarios no avituallamento para así poder evitar calquer reacción alerxica.
Si hai posibilidade de duchas, farese saber.
RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES
Farase sempre no punto acordado firmando por parte do participante un acta asistencial no cal figuran no encabezamento unha serie de NORMAS DA ASOCIACIÓN estando así obrigados o cumprimento das mesmas.
Do punto de recepción de participantes partiremos en bus ata o punto de inicio da ruta.
Maxima puntualidade.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS
Calquer imprevisto xurdido durante a actividade terá que ser resolto pola organización e acatadodo polo participante ou grupo.
A organización reservase o dereito a aplazar ou cancelar a actividade por condicións metereoloxicas adversas con risco para os participantes.
A organización reservase o dereito de poder modificar percorrido por risco do grupo.
A organización pode facer uso das imaxes tomadas durante o percorrido para dar a coñecer a actividade nos medios que considere oportunos. Estas imaxes difundiranse nos medios xestionados por Senda XXI e nunca en redes sociais personais.
O DESCOÑECEMENTO DESTE REGULAMENTO NON EXIME DO SEU CUMPRIMENTO.