DATOS TÉCNICOS
Día: 11 de xuño de 2017
Hora: 09:00 h.
Saída e chegada: Porto Deportivo de Ribeira
Información: Arousa Natureza e Ocio
Inscricións: www.arousa.com e www.andainas.com
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 9 km.
Dificultade: Baixa
Custe inscrición:
Data límite inscrición: Ata as 12 da noite do 7 de xuño ou ata agotar as prazas.
Límite de prazas: 200
INFORMACIÓN
Nesta primeira andaina do verán ás Illas Cíes, coñeceremos dúas das tres illas que conforman o arquipélago: a Illa de Monteagudo e a Illa do Faro, unidas entre sí pola famosa e catalogada fai anos coma a "mellor praia do mundo", a Praia de Rodas, e o conxunto que forma a Lagoa dos Nenos. Subiremos ata o punto máis alto da illa: o faro de Cíes, para contemplar a Illa de San Martiño.
Chegaremos á illa a primeira hora e podremos facer a andaina ao longo da mañán, o ritmo será baixo e faceranse distintas paradas nos enclaves máis típicos da zona: Lagoa dos Nenos, Pedra da Campá, Faro, Praia da Nosa Señora, para que podamos traernos un recordo único desta actividade.
O catamarán que nos trasladará ata as Illas Cíes sairá de Ribeira ás 09:00 h. desembarcándonos alí ás 10:30 h. e iniciando o roteiro uns minutos despois. O mesmo catamarán traeranos de regreso ás 20:30 h. (aprox.) no Porto de Ribeira.
Recoméndase atender ao seguinte:
- Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.
- A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
- Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.
- Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.
- Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.
- Non se permiten animais de compañía.
- Non se pode deixar restos de lixo ou comida na illa.
- Puntualidade na hora de saída do barco, o que non esté no punto de encontro acordado previamente enténdese que desiste de facer o viaxe de ida/volta segundo corresponda. E será responsabilidade súa facer o viaxe de retorno no caso de quedar na illa.
- A organización NON dispón de seguro de accidentes que cubra a actividade.
- A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.
- Debe facerse unha reserva previa de plaza pois estas están limitadas.
- O pago da inscrición facerase na conta bancaria ES39 0133 4373 5542 0000 4170 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude. Tamén pode facerse en efectivo en Arosua NeO (Rua Lustres Rivas, 3 - Ribeira) ou en Revolutrion (Avd. da Coruña, 21 - Ribeira).
- NON se devolverá o importe da praza a quen non faga uso dela.
- O custe da inscrición non inclue a comida. Na illa hai lugares nos que se sirven comidas, pero recoméndase levar algunha vianda.
- A hora do embarque de regreso indicarase no viaxe de ida; o que non esté no porto de Cíes á hora indicada, enténdese que desiste de retornar nese viaxe e o facerá pola súa conta.
- A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.
Punto de embarque: