Andaina das Illas Cíes

Domingo 25/6/2017 - 09:00 h.

Saida: Porto Deportivo de Ribeira

INFORMACIÓN

DATOS TÉCNICOS

 

Día: 25 de xuño de 2017

Hora: 09:00 h.

Saída e chegada: Porto Deportivo de Ribeira

Información: Arousa Natureza e Ocio

Inscricións: www.arousa.com e www.andainas.com

Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com

Teléfono de información: 638 811 000

Distancia: 9 km.

Dificultade: Baixa

Custe inscrición:

  • persoas de 13 anos(incluidos) a diante: 20 €
  • nenos de 3 a 12 anos incluidos: 12 €
  • nenos menores de 3 anos gratis. A organización poderá comprobar a idade do menor esixindo a presentación dun documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)

Data límite inscrición: Ata as 12 da noite do 21 de xuño ou ata agotar as prazas.

Límite de prazas: 200

 

INFORMACIÓN

 

Na segunda andaina do verán ás Illas Cíes, descubriremos novos enclaves que na anterior non disfrutamos: subiremos ata o Alto do Príncipe, e facerémonos eco das antiguas lendas druídicas que alí se facían ao pé dos maxestuosos cantís. E cruzaremos de novo polo paso da Lagoa dos nenos para ir ata o Faro da Porta e ver a Illa de San Martiño dende outro ángulo.

 

Chegaremos á illa a primeira hora e podremos facer a andaina ao longo da mañán, o ritmo será baixo e faceranse distintas paradas nos enclaves máis típicos da zona: Alto do Príncipe, Lagoa dos Nenos, Faro da Porta, e Praia da Nosa Señora, para que podamos traernos un recordo único desta actividade.

 

O catamarán que nos trasladará ata as Illas Cíes sairá de Ribeira ás 09:00 h. desembarcándonos alí ás 10:30 h. e iniciando o roteiro uns minutos despois. O mesmo catamarán traeranos de regreso ás 20:30 h. (aprox.) no Porto de Ribeira.

 

INSCRICIÓNS

RECOMENDACIÓNS

Recoméndase atender ao seguinte:

 

- Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.

- A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)

- Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.

- Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.

- Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.

- Non se permiten animais de compañía.

- Non se pode deixar restos de lixo ou comida na illa.

- Puntualidade na hora de saída do barco, o que non esté no punto de encontro acordado previamente enténdese que desiste de facer o viaxe de ida/volta segundo corresponda. E será responsabilidade súa facer o viaxe de retorno no caso de quedar na illa.

- A organización NON dispón de seguro de accidentes que cubra a actividade.

- A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.

- Debe facerse unha reserva previa de plaza pois estas están limitadas.

- O pago da inscrición facerase na conta bancaria ES39 0133 4373 5542 0000 4170 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude. Tamén pode facerse en efectivo en Arosua NeO (Rua Lustres Rivas, 3 - Ribeira) ou en Revolutrion (Avd. da Coruña, 21 - Ribeira).

- NON se devolverá o importe da praza a quen non faga uso dela.

- O custe da inscrición non inclue a comida. Na illa hai lugares nos que se sirven comidas, pero recoméndase levar algunha vianda.

- A hora do embarque de regreso indicarase no viaxe de ida; o que non esté no porto de Cíes á hora indicada, enténdese que desiste de retornar nese viaxe e o facerá pola súa conta.

- A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.

 

Punto de embarque: