Andaina das Illas Cíes

Domingo 3/6/2018 - 09:00 h.

Saida: Porto Deportivo de Ribeira

INFORMACIÓN

DATOS TÉCNICOS

 

Día: 3 de xuño de 2018

Hora: 09:00 h.

Saída e chegada: Porto Deportivo de Ribeira

Información: Arousa NeO

Inscricións: www.arousa.com e www.andainas.com

Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com

Teléfono de información: 638 811 000

Distancia: 7 km.

Dificultade: Baixa

Custe inscrición:

  • persoas de 13 anos(incluidos) a diante: 20 €
  • nenos de 3 a 12 anos incluidos: 12 €
  • nenos menores de 3 anos gratis. A organización poderá comprobar a idade do menor esixindo a presentación dun documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)

Data límite inscrición: Ata as 12 da noite do 31 de maio ou ata agotar as prazas.

Límite de prazas: 200

 

INFORMACIÓN

 

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, acollerá un ano máis un roteiro por dúas das tres illas que conforman o arquipélago de Cíes: a Illa de Monteagudo e a Illa do Faro, unidas entre sí pola famosa e catalogada fai anos coma a "mellor praia do mundo", a Praia de Rodas, e o conxunto que forma a Lagoa dos Nenos. Subiremos ata o punto máis alto da illa: o faro de Cíes, para contemplar a Illa de San Martiño.

 

Chegaremos á illa a primeira hora e podremos facer a andaina ao longo da mañán, o ritmo será baixo e faceranse distintas paradas nos enclaves máis típicos da zona: Lagoa dos Nenos, Pedra da Campá, Faro, Praia da Nosa Señora, para que podamos traernos un recordo único desta actividade. Ao longo do roteiro faceranse paradas nestes enclaves que vos axudarán a coñecer mellor esta xoia natural. O roteiro rematará en torno ás 13:30 h., e o resto da xornada será pódese aproveitar para facer outros roteiros pola illa, a título particular. Ou ben quedar a disfrutar das praias.

 

O catamarán que nos trasladará ata as Illas Cíes sairá de Ribeira ás 09:00 h. desembarcándonos alí ás 10:30 h. e iniciando o roteiro uns minutos despois. O mesmo catamarán traeranos de regreso ás 20:30 h. (aprox.) no Porto de Ribeira.

 

INSCRICIÓNS

RECOMENDACIÓNS

Recoméndase atender ao seguinte:

 

- Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.

- A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)

- Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.

- Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.

- Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.

- Non se permiten animais de compañía.

- Non se pode deixar restos de lixo ou comida na illa.

- Puntualidade na hora de saída do barco, o que non esté no punto de encontro acordado previamente enténdese que desiste de facer o viaxe de ida/volta segundo corresponda. E será responsabilidade súa facer o viaxe de retorno no caso de quedar na illa.

- A organización NON dispón de seguro de accidentes que cubra a actividade.

- A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.

- Debe facerse unha reserva previa de plaza pois estas están limitadas.

- O pago da inscrición facerase na conta bancaria ES39 0133 4373 5542 0000 4170 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude. Tamén pode facerse en efectivo en Arosua NeO (Rua Lustres Rivas, 3 - Ribeira) ou en Revolutrion (Avd. da Coruña, 21 - Ribeira).

- NON se devolverá o importe da praza a quen non faga uso dela.

- O custe da inscrición non inclue a comida. Na illa hai lugares nos que se sirven comidas, pero recoméndase levar algunha vianda.

- A hora do embarque de regreso indicarase no viaxe de ida; o que non esté no porto de Cíes á hora indicada, enténdese que desiste de retornar nese viaxe e o facerá pola súa conta.

- A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.

 

Punto de embarque: