Travesía Corrubedo - Obradoiro

pola Ría de Arousa

INFORMACIÓN

DATOS TÉCNICOS

Dia 11/06/2017

Lugar de recepción: Explanada do  Centro Arqueolóxico de Castro Neixón (Cespón-Boiro)

Hora: 8,15- 8,30h

Saída en bus para Praia Xardín: 8,30-8,40h.

Lugar de saída da ruta: Praia Xardín (Boiro)

Remate: Castro Neixón

Hora de saída: 9:00 h. pregase puntualidade.

Distancia 18 kms.

Ruta lineal guiada, sin premarcaxe

Dificultade media.

Duración da actividade: 9:00 h-14:00 h. solo pola mañan.

Avituallamento intermedio de sólido e líquido.

Limite de prazas.

Inscricións a partir do 15/5/2017 - Límite de plazas

Obrigatorio inscripción e pago en conta

Custo da ruta 5€

Modo de pago en conta bancaria.

 

INFORMACIÓN TRAVESIA 2017

 

Esta será a 4 das 9 etapas que cubren o percorrido por sendeiros, camiños, corredoiras e beiramar que une o faro de Corrubedo ca Praza do Obradoiro.

Nesta ll fase do proxeto pasaremos polos concellos de Arousa norte ( Ribeira, Pobra, Boiro e Rianxo)  entre outros indo ata Santiago. O noso lema será " CAMIÑA, COÑECE E COMPARTE" amosando así a unión camiñando dos puntos de intereses turistico e de visita na comarca do Barbanza.

Esta cuarta etapa chámase "Unha porta ao mar" e vai adicada a toda a xente do mar e o seu medio de vida: astaleiros, portos, embarcacións, bancos de marisqueo, cetareas, conserveiras, etc. Irase descubrindo a pegada do home e a súa vinculación co mar nesta ruta costeira.

 

 

INSCRICIÓNS

Prazas limitadas

Oportunidade de inscribirse a cada etapa 5€ ou en conxunto 30€.

A inscripción pecharase no momento de ter o cupo de prazas cuberto ou o dia 9/6 as 13h.

MODO INSCRIPCIÓN

1.- Poñerse en contacto con nos por telefono ou correo electrónico.

2.- Pasarnos nome, apelidos e número de DNI

3.- Facer ingreso da cuota na conta bancaria da asociación.

4.- Enviar por whatsap ou correo electronico xustificante de pago.

5.- A asociación confirmara o participante que ten a praza adxudicada.

 

 

 

Teléfono e WhatsApp: 662 067 241

Email: sendaxxibarbanza@gmail.com

Facebook: www.facebook.com/sendaxxi

Blog: sendaxxibarbanza.blogspot.com.es

REGULAMENTO

PARTICIPANTES

 

O participante terá que encontrarse en perfecto estado de saúde para realizar esta actividade.

Os participantes teñen a obriga de cumprir e atender as indicacións da organización.

Os participantes teñen cobertura de RC e seguro de accidentes.

Os participantes teñen a obriga de comunicar a organización calquer incidente ou contratempo sufrido durante o percorrido  SEMPRE ANTES DE ABANDONAR A ACTIVIDADE.

En caso de abandono voluntario por parte do participante deberá ser comunicado a organización.

O participante NUNCA debera saír do grupo sin ter avisado os compañeiros ou a organización.

 

CONSELLOS

 

Levar telefono mobil a man e ca bateria cargada.

Levar roupa e calzado axeitado en concordancia co terreo e a metereoloxia.

Levar bastóns de trekking de telos que necesitar.

A organización non se responsabiliza do deterioro ou perda de ningún obxeto persoal do participante.

Todo aquel participante con alerxia a picaduras de insectos, polen ou vexetación deberá preveelo traendo consigo o que considere oportuno.

Haberá botiquin con cousas básicas

 

 

AVITUALLAMENTO- DUCHAS

 

En todalas etapas haberá un avituallamento intermedio de solido e liquido.

As persoas con algunha alerxia a algún alimento ten a obriga de preguntar os voluntarios no avituallamento para así poder evitar calquer reacción alerxica.

Si hai posibilidade de duchas, farese saber.

 

RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES

 

Farase sempre no punto acordado firmando por parte do participante un acta asistencial no cal figuran no encabezamento unha serie de NORMAS DA ASOCIACIÓN estando así obrigados o cumprimento das mesmas.

Do punto de recepción de participantes partiremos en bus ata o punto de inicio da ruta.

Maxima puntualidade.

 

OUTRAS CONSIDERACIÓNS

 

Calquer imprevisto xurdido durante a actividade terá que ser resolto pola organización e acatadodo polo participante ou grupo.

A organización reservase o dereito a aplazar ou cancelar a actividade por condicións metereoloxicas adversas con risco para os participantes.

A organización reservase o dereito de poder modificar percorrido por risco do grupo.

O DESCOÑECEMENTO DESTE REGULAMENTO NON EXIME DO SEU CUMPRIMENTO.