Coñece a Illa de Ons

Domingo 28/7/2019 - 09:00 h.

Saida: Porto Deportivo de Ribeira

INFORMACIÓN

DATOS TÉCNICOS

 

Día: 28 de Xullo de 2019

Hora: 09:00 h.

Saída e chegada: Porto Deportivo de Ribeira

Información: Arousa NeO

Inscricións: www.arousa.com e www.andainas.com

Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com

Teléfono de información: 638 811 000

Distancia: 9 km.

Dificultade: Baixa

Custe inscrición:

  • persoas de 13 anos(incluidos) a diante: 17 €
  • nenos de 3 a 12 anos incluidos: 10 €
  • nenos menores de 3 anos gratis. A organización poderá comprobar a idade do menor esixindo a presentación dun documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)

Data límite inscrición: Ata as 12 da noite do 21 de Xullo ou ata agotar as prazas (do barco ou de acceso á illa facilitadas polo P.N. das Illas Atlánticas).

Límite de prazas: 200

 

INFORMACIÓN

 

IMPORTANTE: A reserva da praza implica a tramitación de solicitude de aceso á illa, esta é persoal e intransferible; polo que so se poden realizar modificacións 15 días da visita.

 

Xornada de contacto ca natureza nun entorno único en Galicia como é o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Nunha visita que che levará pola illa ata os enclaves máis destacados, coñecendo os cantís da ensenada de Caniveliñas, o Miradoiro de Fedorentos e o Burato do Inferno; e como non podía faltar a volta polo sendeiro do Faro de Ons.

 

Nunha xornada completa na que pola tarde podrás descubrir a súa gastronomía nos restaurantes da única das illas habitadas do Parque Nacional (non deixes de probar o Polvo de Ons, pescado e cociñado alí mesmo), e relaxarte nas súas praias que nada teñen que envididar a outras das illas do Parque.

 

E si o prefieres, sempre quedan roteiros por descubrir, perfectamente balizados e indicados para que disfrutes do paseo ata Punta Centolo.

 

O catamarán que nos trasladará ata a Illa de Ons sairá de Ribeira ás 09:00 h. desembarcándonos alí ás 10:00 h. e iniciando a visita uns minutos despois. O mesmo catamarán traeranos de regreso ás 21:00 h. (aprox.) no Porto de Ribeira.

 

INSCRICIÓNS

RECOMENDACIÓNS

Recoméndase atender ao seguinte:

 

- Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.

- A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)

- Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.

- Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.

- Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.

- Non se permiten animais de compañía.

- Non se pode deixar restos de lixo ou comida na illa.

- Puntualidade na hora de saída do barco, o que non esté no punto de encontro acordado previamente enténdese que desiste de facer o viaxe de ida/volta segundo corresponda. E será responsabilidade súa facer o viaxe de retorno no caso de quedar na illa.

- A organización dispón de seguro de accidentes que cubre a actividade.

- A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.

- Debe facerse unha reserva previa de plaza pois estas están limitadas.

- O pago da inscrición facerase na conta bancaria ES80 2100 4373 9402 0018 5544 (indicando o nome da/s persoa/s polas que se fai o ingreso) nos vindeiros 2 días do envío da solicitude. Tamén pode facerse en efectivo en Arosua NeO (Rua Lustres Rivas, 3 - Ribeira) ou en Revolutrion (Avd. da Coruña, 21 - Ribeira).

- NON se devolverá o importe da praza a quen non faga uso dela.

- O custe da inscrición non inclue a comida. Na illa hai lugares nos que se sirven comidas, pero recoméndase levar algunha vianda.

- O embarque será -previsiblemente- ás 19:15 h. A saida de Ons será ás 19:30 h. A chegada a Ribeira será ás 20:30 h.

- A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.

 

Punto de embarque: