Rutas na Illa de Ons

Domingo 27/06/2021 - 09:30 h.

Saida: Porto Deportivo de Ribeira

INFORMACIÓN

DATOS TÉCNICOS

 

Día: Domingo 27 de Xuño de 2021

Hora de saida de Ribeira: 09:30 h. - Hora de chegada a Ribeira: 20:30 h.

Saída e chegada: Porto Deportivo de Ribeira

Información: Arousa NeO

Inscricións: www.arousa.com e www.andainas.com

Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com

Teléfono de información: 638 811 000

Distancias: 4 km. - 5 km. - 6 km. - 11 km.

Dificultade: Baixa (4-5-6 km) - Media (11 km.)

Custe inscrición:

  • persoas de 13 anos(incluidos) a diante: 18 €
  • nenos ata 12 anos incluidos: 15 €. A organización poderá comprobar a idade do menor esixindo a presentación dun documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)

Data límite inscrición: Ata as 12 da noite do 23 de xuño ou ata agotar as prazas (do barco ou de acceso á illa facilitadas polo P.N. das Illas Atlánticas).

Límite de prazas: 170

 

INFORMACIÓN

 

 

IMPORTANTE: A reserva da praza implica a tramitación de solicitude de aceso á illa, esta é persoal e intransferible; polo que so se poden realizar modificacións 15 días antes da visita.

 

Xornada de contacto ca natureza nun entorno único en Galicia como é o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Nesta ocasión e respetando as limitacións de seguridade e saude pública derivadas da Covid19, as rutas estructuraranse da seguinte maneira:

 

  1. Ruta Fedorentos e Burato do Inferno (6 km.)
  2. Ruta de Melide e Faro (5 km.)
  3. Ruta do Castelo e Caniveliñas (4 km.)
  4. Volta á Illa (11 km.)

 

  • As rutas 1-2-3  teñen a saida ás 10:30 h. dende a igrexa de Ons e que levará a un máximo de 20 participantes ata os enclaves especificados da illa. Haberá unha segunda ruta ás 12:00 h. con outras 20 persoas. Débese reservar quenda ao facer a inscrición (actualización 20/6/2021: novas prazas disponibles, ainda que algunhas das quendas xa non se poden escoller por estar cubertas).
  • Para a ruta 4 só haberá unha quenda de 20 participantes como máximo e a saida será ás 10:30 h. da igrexa de Ons, e a chegada ás 13:00 h. aproximadamente.
  • A organización resérvase o dereito a reestructurar as quendas para cubrir o cupo máximo en cada unha delas (si se dera o caso que nunha quenda hai 10 participantes e noutra 10, agruparianse as dúas quendas nunha).
  • Tamén se pode escoller a visita por libre sin incluirse nin seleccionar nengunha ruta. Neste caso os guías poden aconsellar @s que soliciten información, pero non poden acompañal@s na súa visita.
  • Está permitido cambiar de ruta e de quenda, sempre que existan vacantes por cubrir na que se escolla e se notifique con anterioridade aos guías.
  • É obrigatorio o uso de máscara durante o traxecto no barco e unha vez na illa, en cumplimiento ca normativa antiCovid actual.
  • O barco é de 250 prazas pero limítase a ocupación a 170 prazas para garantir que se podan ocupar asentos dentro do grupo de convivencia (para @s que vaian en grupo), e a distancia entre o pasaxe. Prégase que respetedes esta recomendación.

 

 

No resto da xornada podes descubrir a gastronomía nos restaurantes da única das illas habitadas do Parque Nacional (non deixes de probar o Polvo de Ons, pescado e cociñado alí mesmo), e relaxarte nas súas praias que nada teñen que envididar a outras das illas do Parque.

 

E si o prefieres, sempre quedan roteiros por descubrir, perfectamente balizados e indicados para que disfrutes dos paseos.

 

 

INSCRICIÓNS

RECOMENDACIÓNS

Recoméndase atender ao seguinte:

 

- Os menores de 18 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.

- A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)

- Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.

- Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.

- Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.

- Non se permiten animais de compañía.

- Non se pode deixar restos de lixo ou comida na illa.

- Puntualidade na hora de saída do barco, o que non esté no punto de encontro acordado previamente enténdese que desiste de facer o viaxe de ida/volta segundo corresponda. E será responsabilidade súa facer o viaxe de retorno no caso de quedar na illa.

- A organización dispón de seguro de accidentes que cubre a actividade.

- A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.

- Debe facerse unha reserva previa de plaza pois estas están limitadas.

- O pago da inscrición facerase na conta bancaria ES80 2100 4373 9402 0018 5544 (indicando o nome da/s persoa/s polas que se fai o ingreso) nos vindeiros 2 días do envío da solicitude. Tamén pode facerse en efectivo en Arosua NeO (Rua Lustres Rivas, 3 - Ribeira).

- NON se devolverá o importe da praza a quen non faga uso dela.

- O custe da inscrición non inclue a comida. Na illa hai lugares nos que se sirven comidas, pero recoméndase levar algunha vianda.

- O embarque será -previsiblemente- ás 19:15 h. A saida de Ons será ás 19:30 h. A chegada a Ribeira será ás 20:30 h.

- A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.

 

Punto de embarque: