Dende A Pobra do Caramiñal, da parroquia de San Isidro de Posmarcos, parte esta segunda etapa de tan particular volta á Serra do Barbanza, adentrándonos a través de A Portela, no centro da propia serra e percorrendo gran parte dela así coma os montes e cumio que lle dan nome.

Cunha distancia algo máis curta (34 km.) e algo menos de desnivel acumulado (1180 m+), ainda que ao igual que a anterior: totalmente ciclable, en todo o seu percorrido, destaca sobre todo por carecer practicamente de asfalto (menos dun 5%), e na que afrontas a subida á serra nos primeiros 10 km. tendo logo tramos moi rápidos especialmente os últimos 10 km. donde casi pódese dicir que se entra na meta en plena baixada.

Ao remate coñecerase si o/a lider mantén o sei xersei que o identifica no circuito ou cambia de mans de cara á derradeira proba en contrarreloxo.

INFORMACIÓN TÉCNICA:

O prezo da inscrición por participar únicamente nesta proba é de 10 €, e podes facelo dende o apartado de inscricións desta web ou directamente en www.galitiming.com seleccionando unicamente a inscrición ao BTT de Posmarcos.

O enlace a Wikiloc, está aquí

BTT de Posmarcos 2018

TODA  A INFORMACIÓN ACTUALIZADA E INMEDIATA NAS NOSAS REDES SOCIAIS:

SÍGUENOS E NON PERDAS DETALLE!