Ca Contrarreloxo de Portosín, péchase o ciclo destas tres carreiras tendo esta características propias e diferentes respeto as outras dúas, xa que aquí o participantes deben atender ao seguinte:

  • @s inscrit@s nos Bike Series dispondrán dunha orde de saida específica que se publicará nos días previos.
  • @s que participen fora do Bike Series (o circuito completo) terán unha orde de saida diferente @s do circuito e será antes ca el@s.
  • Deberá respetarse ao máximo a hora de saida adxudicada a cada dorsal, si non está presente @ ciclista no momento de sair, considerase descalificad@. Non se aplaza, nin se espera.
  • A clasificación será única para tod@s @s participantes, pero @s inscrit@s no Bike Series sumarán o tempo acadado nesta proba, ao acumulado das anteriores.
  • @ participante que sufra unha averia ou accidente (sempre que as circunstancias llo permitan) deberá retirarse ca bicicleta do recorrido para permitir o paso d@s outr@s participantes.
  • As ordes de saida oscilarán entre os 45 seg. e os 2 min. en función dos tempos acumulados no circuito. E para @s inscrit@s únicamente para esta proba oscilarán entre 15 seg. e 1 min. (establecerase o tempo en relación ao número de inscrit@s).

INFORMACIÓN TÉCNICA:

  • Data: 11/11/2018
  • Hora: 09:30 h. (clasif. xeral) - 11:00 h. (contrarreloxo)
  • Lugar: Campo de Futbol de Trapa
  • Distancia: 18,5 km
  • Desnivel: 840 m+

Terás a oportunidade de competir non só contra os rivais, senon contra o tempo xa que o recorrido estará "limpo" e "pechado" e c@ líder dos Bike Series tratando de manter o xersei que @ acredita coma @ favorit@ a alzarse co título de campión/campioa.

O recorrido é de 18,5 km e 840 m+ de desnivel, practicamente por pistas de terra no 100%, con similitudes cos anteriores recorridos, pero sin tanta distancia; xa que a dureza a vai poñer o crono, donde @ ciclista ten que pechalo no menor tempo posible.

O campión ou campioa coñecerase en tempo real (a través de monitores) unha vez que @ derradeir@ participante entre na meta.

O prezo da inscrición por participar únicamente nesta proba é de 10 €, e podes facelo dende o apartado de inscricións desta web ou directamente en www.galitiming.com seleccionando unicamente a inscrición para a Contrarreloxo de Portosín.

TODA  A INFORMACIÓN ACTUALIZADA E INMEDIATA NAS NOSAS REDES SOCIAIS:

SÍGUENOS E NON PERDAS DETALLE!