Qué son os Bike Series?

  • Son TRES probas na modalidade de BTT nas que podes participar en conxunto ou individualmente en cada unha delas.
  • Para @s que se inscriban a participar no circuito, elaborarase unha clasificación propia (excluindo aos que optaron por inscribirse individualmente proba a proba), cos tempos acumulados en cada unha das probas e que determinará o líder da clasificación xeral.
  • Desenvólvense tres domingos consecutivos e nas dúas primeiras establécese unha clasificación para a contrarreloxo de Portosín, con saidas individuais cada minuto.
  • Na contrarreloxo establecerase unha orde de saida cunha hora establecida para cada participante que debe respetarse e de non presentarse perderá a posibilidade de tomar a saida noutro horario.
  • Ao final da primeira proba @ líder do pelotón vestiráselle un xersei específico para que @s demais participantes coñezan o rival a batir nas seguintes carreiras.
  • Tamén se establecerá unha clasificación por equipos que aparece regulada nas bases.

TODA  A INFORMACIÓN ACTUALIZADA E INMEDIATA NAS NOSAS REDES SOCIAIS:

SÍGUENOS E NON PERDAS DETALLE!