Na parroquia ribeirense de San Martiño de Oleiros, e dende o Campo de Futbol de A Trinidade situarase a saida e meta desta proba cun recorrido que transita nun 90% por pistas de terra, e rueiros de aldea; ata que comenzamos a escalada á Serra do Barbanza pola súa cara norte e adentrarnos no val do Río Sieira para voltar a subir a un dos cumios máis emblemáticos da serra.

O recorrido ten un desnivel positivo de 1200 m+ e 40 km. totalmente ciclables ainda que cun perfil escarpado durante gran parte deles, que se ven a culminar cunha subida ao cumio da Curotiña casi no kilómetro 30, e que permitirá disfrutar dunha baixada rápida ata a meta.

Con esta proba iníciase o campionato, e  o/a líder dos Bike Series deberá demostrar que pode seguir mantendo o pelotón á súa espalda na BTT de Posmarcos.

INFORMACIÓN TÉCNICA:

O prezo da inscrición por participar únicamente nesta proba é de 10 €, e podes facelo dende o apartado de inscricións desta web ou directamente en www.galitiming.com seleccionando unicamente a inscrición ao BTT de San Martiño.

O enlace a Wikiloc, está aquí

BTT de San Martiño 2018

TODA  A INFORMACIÓN ACTUALIZADA E INMEDIATA NAS NOSAS REDES SOCIAIS:

SÍGUENOS E NON PERDAS DETALLE!