PARTICIPANTES:

• O número máximo de inscritos será de 250.

• Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

• Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.

• Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.

• Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:

• Finamento por accidente: 10.000 €

• Invalidez por accidente: 12.000 €

• Asistencia sanitaria en centros concertados: Ilimitada

• Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e están nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en peligro a él ou a terceiros.

• Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.

• Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios (casco). Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.

• Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.

• A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).

• A organización facilitará o tempo final da proba. Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas (laranxas) que balizan o percorrido.

• Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.

• Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

MATERIAL:

• É obrigatorio o uso –adecuado- do casco.

• É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.

• É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.

• É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.

• A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.

• Aos participantes entregaráselle un chip electrónico que debe portar durante toda a proba no lugar indicado para facelo. Este chip debe entregalo ao finalizar a proba, si non se devolve debe abonar o importa á empresa de cronometraxe da proba.

• A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.

• Permítese o uso de bicicletas eléctricas sempre que empreguen motores dun máximo de 250 W. e estén limitadas a 25 km/h e será necesaria a notificación previa á organización da condición de e-bike. De non cumplir estes requisitos considerase descalificado/a o participante que a empregue.

AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:

• A organización disporá de avituallamento intermedio de líquido e froita.

• Disporase de un avituallamento final de líquido e froita na liña de meta.

• A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.

• O servicio de duchas será na proximidade da proba.

RETIRADA DE DORSAIS:

• O mesmo día da proba no lugar de saída, entre as 08:30 h. e 9:15 h.

• Si a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.

• Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.

• E imprescindible para a retirada do dorsal presentar a FOLLA DE RESPONSABILIDADE E MANIFESTACIÓN que lle será entregada pola organización a cal resérvase o dereito a non entregarlle o dorsal a aquel participante que non a presente.

TROFEOS:

• Recibirán trofeo por cada carreira:

• Os 3 primeiros homes e mulleres da categoría veterán 60 (a partir de 60 anos -cumplidos o día da proba-).

• Os 3 primeiros homes e mulleres da categoría veterán 50 (de 50 a 60 anos).

• Os 3 primeiros homes e mulleres da categoría máster 40 (de 40 a 50 anos).

• Os 3 primeiros homes e mulleres da categoría máster 30 (de 30 a 40 anos).

• Os 3 primeiros homes e mulleres da categoría senior (menos 30 anos).

• Os tres primeiros equipos, tendo en conta os tempos dos tres primeiros membros do equipo en cruzar a meta, para poder optar a este trofeo deben inscribirse tod@s os membros co mesmo nome de equipo (sen variacións). Este trofeo é acumulativo cos anteriores.

• @s 3 primeir@s en cruzar a meta en e-bike (sin distinción de sexo).

• Ao mérito deportivo.

• Si a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e condición dos atletas para poder acceder aos premios.

• Recibirán trofeo polo circuito os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres da clasificación xeral ao remate das tres probas.

DESCALIFICACIÓNS:

• Si o participante amosara unha conducta antideportiva.

• Si o participante retira sinais da carreira.

• Si o participante non remata o percorrido.

• Si o participante non atende as indicacións da organización.

• Si o participante non porta o material obrigatorio.

• Si o participante atenta contra o medioambiente.

• Si o participante non deposita os residuos xerados por él nos recipientes habilitados pola organización

• Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.

• Si o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar a outros participantes.

• Si o participante pon en risco a súa integridade ou a de outros participantes cunha conducta manifestamente temeraria.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:

• Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.

• A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto, trasladaríase ao domingo seguinte.

• Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.

• Arousa NeO non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.

• O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

TODA  A INFORMACIÓN ACTUALIZADA E INMEDIATA NAS NOSAS REDES SOCIAIS:

SÍGUENOS E NON PERDAS DETALLE!