1 de Xuño: Andaina Illas Cíes
PRESENTACIÓN REGULAMENTO

COMO CHEGAR

INSCRICIÓNS COLABORADORES
         

 

 

Día: 1 de xuño de 2014 
Hora: 08:30 h.
Saída e chegada: Porto Deportivo – RIBEIRA (A Coruña) // Saida: 8:30 h. (embarque) // Chegada: 21:00 h.
Inscricións: persoas de 13 anos a diante 17€, nenos de 3 a 12 anos incluidos 12€, menores de 3 anos gratis. A organización poderá comprobar a idade do menor esixindo a presentación dun documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
Prazas: 200
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com

PRESENTACIÓN

Roteiro de sendeirismo polas Illas Cíes pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. A saida será do Porto Deportivo de Ribeira ás 8:30 h. e chegarase á Illa de Monteagudo ás 10:15 h. (aprox.). Unha vez alí iniciarase unha andaina que levará aos que desexen participar dela: Ruta do Monte Faro, cunha distancia de 7 km. e de unhas dúas horas (aprox.). A ruta será guiada por monitores e recoméndase seguir as instruccións que faciliten. A dificultade é media sendo apta para calquer idade.

 

REGULAMENTO

Recoméndase atender ao seguinte:

  • Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.
  • A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
  • Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.
  • Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.
  • Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.
  • Non se permiten animais de compañía.
  • Non se pode deixar restos de lixo ou comida na illa.
  • Puntualidade na hora de saída do barco, o que non esté no punto de encontro acordado previamente enténdese que desiste de facer o viaxe de ida/volta segundo corresponda. E será responsabilidade súa facer o viaxe de retorno no caso de quedar na illa.
  • A organización NON dispón de seguro de accidentes que cubra a actividade.
  • A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.
  • Debe facerse unha reserva previa de plaza pois estas están limitadas.
  • O pago da inscrición facerase na conta bancaria 0049-2948-21-2895034221 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude (Excepto para os inscritos o entre o 26 e 28 de maio que deberá facerse en 24 h.).
  • NON se devolverá o importe da praza a quen non faga uso dela.
  • O custe da inscrición non inclue a comida. Na illa hai lugares nos que se sirven comidas, pero recoméndase levar algunha vianda.
  • Existe a posibilidade de facer un segundo roteiro ata o Alto do Príncipe.
  • O embarque será ás 18:30 h. A saida de Cíes será ás 18:45 h. A chegada a Ribeira será ás 20:30 h.
  • A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades. No caso de suspensión trasladaríase ao domingo 15 de xuño.
INSCRICIÓNS


A PARTIR DE HOXE MARTES 20/05/2014 ENTRAS NA "RESERVA" CONFIRMARÁSECHE POR MAIL AS PRAZAS LIBRES QUE QUEDAN PARA OPTAR A ALGUNHA DELAS

 

 

Si queres comprobar a listaxe de inscritos podes facelo premendo no botón superior que pon INSCRITOS.

 

COMO CHEGAR

Ver SAIDA BARCO en un mapa más grande

 

AGRADECEMENTOS

Agradecemos a colaboración das seguintes entidades:

 











Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable de ningún tipo de dano tanto físico, moral ou material que poda xurdir no desenrolo das súas actividades. O mero feito de inscribirte nas súas actividades non convela estar cuberto por ningún tipo de seguro salvo que así o especifique o regulamento da mesma.