27 de Abril: VIIª CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO - CORRUBEDO
Integrada no VIº Circuito de Carreiras Populares do Concello de Riveira |
Día: 27 de Abril de 2013
Hora: 17.30 h.
Saída e chegada: Teira-Corrubedo
Información e inscricións: Arousa Natureza e Ocio
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com |
 |
Na VIIª edición da Carreira do Corgo, asume Arousa Natureza e Ocio xunto cos veciños de Teira e outros colaboradores a organización e coordinación do equipo que levará ós participantes por un dos entornos más bellos e salvaxes da costa galega. Respecto a anterior edición subimos un pouquiño os kilómetros de "castigo" ata os 9,7 km. (o ano antes foran 9,2), e para os que xa a coñecen eliminamos a subida a Monte Facho, polo tramo con máis desnivel para levarvos ata el a través do pinar polo que nos últimos anos se regresaba cara a meta. Pero como non todo van ser "boas" novas, temos ración doble de praia Balieiros e Espiñeirido, que supoñemos non será o tramo máis dificil xa que cas choivas que caeron prometemos barro e auga para acabar de facer máis épica a vosa victoria contra os elementos.
Na edición anterior os compañeiros (tamén son corredores, de ahí o bo traballo realizado) de Lesmes Fotógrafos elaboraron un video da proba que merece ocupar un lugar destacado nesta presentación, e que recomendamos que o vexades:
.1. A saída darase no lugar de Teira-Corrubedo, ás 17.30 horas.
2. Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.
3. O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso básicamente de terra, herba e area, e será de 9.700 mts. aprox. debidamente sinalizado.
A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido. Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal. A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
4. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
5. Avituallamento intermedio no kilómetro 4,2 aprox. Instalaranse recipientes para depositar as botellas valeiras, sendo obrigatorio o seu uso.
6. A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.
7. Todo aquel atleta que no kilómetro 4,2 faga un tempo superior os 26 minutos queda descalificado e fora da proba.
8. As incripcións faranse únicamente dende a web de championchipnorte http://www.championchipnorte.com/. O prezo da inscripción ven sinalado no regulamento do Circuito de Carreiras Populares de Ribeira, 15 euros para as 5 probas e 5 euros por probas individuais.
A IDADE MÍNIMA É DE DAZAOITO ANOS. A ORGANIZACIÓN PODE PEDIR A DOCUMENTACIÓN DE CALQUER ATLETA PARA COMPROBAR OS DATOS.
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS O DÍA DA PROBA NIN A PARTICIPACIÓN DE CORREDORES SEN DORSAL
RETIRADA DE DORSAIS:
O mesmo día da proba en Teira, entre as 16:00 h. e 17:15 h. ata 15 minutos antes do inicio.
9. Existe unha modalidade de parellas (mixto, muller-home). As parellas teñen que completar o percorrido xuntas, quedando eliminadas todas aquelas parellas que incumplan esta norma.
A saida vai ser a mesma hora que a carreira absoluta, podendo a organización retrasar quince minutos a saida desta modalidade si o número de inscritos fan convinte esta modificación horaria.
10. Trofeos:
- Recibirán trofeo os vinte primeiros homes.
- As cinco primeiras mulleres.
- As cinco primeiras parellas.
A carreira esta integrada no VI CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DO CONCELLO DE RIBEIRA,polo tanto todo-los participantes puntúan para a clasificación final xeral do mencionado circuito.
11. CALQUER TIPO DE RECLAMACIÓN DEBERÁ SER REALIZADA INMEDIATAMENTE DESPOIS DO REMATE DA PROBA PARA NON ENTORPECE-LO DESENVOLVEMENTO DA MESMA E SERÁ NECESARIO XUSTIFICAR DOCUMENTALMENTE A IDADE E A CONDICIÓN DOS ATLETAS PARA PODER ACCEDER ÓS PREMIOS.
12. No Polideportivo municipal de Sirves-Olveira (situado a 3 kms de Teira), os atletas terán a súa disposición vestiarios e duchas
13. Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. A organización aconsella ter un seguro de accidentes.
14. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
Descalificarase a toda aquela persoa que non cumpla o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, transite por fora dos camiños marcados, non manteña unha actitude de respeto cara o medio ambiente e os membros da organización, tire botellas de auga fora dos recipientes preparados para elo ou incumpla a súa obriga de auxiliar a un participante que o solicite.

Mapa do Percorrido (preme para ver máis grande) |

Perfil (preme para ver máis grande)
|
PLANOS DE SITUACIÓN |
 |
 |

Plano para chegar ó Polideportivo
|
|
|