1 de Decembro: IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA (15 km. BTT + 5 km. Trail)

 

Día: 1 de decembro de 2013 
Hora: 10:30 h.
Saída e chegada: Camping Ría de Arosa II-Balteiro-Ribeira
Información e inscricións: Arousa Natureza e Ocio
Páxina web oficial: www.arousa.com  - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 15 km. en BTT + 5 km. Trail
Custe inscrición: 12 €
Data límite inscrición: 25 de novembro (ou ata completar as plazas)
Límite de prazas: 200

PRESENTACIÓN

Nesta segunda edición do Duatlón Trail de Ribeira, preséntase a mesma distancia para as dúas probas que o conforman, ca mesma dicultade técnica e física que na edición anterior, ainda que cunha pequena variación de percorrido incidindo no aspecto off-road da proba eliminando nas dúas probas o pequeno tramo de asfalto de entrada ata a transición/meta. Polo demais e tendo en conta a boa acolleita que tivo a primeira edición tratamos de respetar o resto do percorrido, a zona de transición, e a zona de servizos que nos ofrecía o Camping Ría de Arosa 2.

Queremos invitarvo a ler o regulamento con atención xa que nel se desglosan os parámetros que rexirán a proba, que non quere perder a súa esencia de ser divertida, popular, e accesible para tod@s @s que gustan de combinar o deporte ca natureza.

REGULAMENTO XERAL

1. A saída darase dende o Camping Ría de Arosa II, situado en Balteiro, parroquia de Olerios no concello de Ribeira as 10.30 horas. As persoas participantes; o rematar a proba; podrán facer uso das duchas das instalacións.

2. Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.

3. O percorrido desenrolarase maioritariamente nun circuito polo monte, constara de unha primeira parte na modalidade de ciclismo BTT con unha distancia de 15 kms. (nesta especialidade de ciclismo é obrigatorio o uso de casco), o primeiro kilómetro da probra BTT estará neurtralizada por un vehículo da organización; e continúa con unha segunda parte na modalidade de carreira a pé de 5 kms.

  • A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
  • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
  • A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.  

4. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

5. A organización vai dispoñer de un box  nas instalacións do camping para o rematar a primeira parte en bicicleta os participantes poidan deixar o mateiral e facer a transicción para a carreira a pé. A entrada na zona de box facerase a pé a partir dun punto debidamente balizado, o participante que non a respete e continue na bicicleta a partir dese punto será descalificado. No box soamente poden estar os atletas participantes, estando prohibido o acceso a calquer outra persoa allea a proba. O avituallamento intermedio vai estar instalado neste punto, constara de auga e froita.

6. A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal. 

7. Todo aquel atleta que no kilómetro 15 faga un tempo superior a 1 hora e 20 minutos queda descalificado e fora da proba.  O límite de tempo total para as dúas probas (BTT+Trail) é de 2 horas, aquel participante que o supere quedará descalificado.

8. As incripcións faranse únicamente dende a web de Arousa Natureza e Ocio www.arousa.com. O prazo  vai dende o 8 o 25 de Novembro ou ata cubrir as prazas. O prezo do evento é de 12 euros, e leva incluido un seguro de accidentes para os participantes, os avituallamentos (intermedio e final), e servicio de duchas. O pagamento da cuota é o que formaliza a inscripción.A IDADE MÍNIMA É DE DAZAOITO ANOS. A ORGANIZACIÓN PODE PEDIR A DOCUMENTACIÓN DE CALQUER ATLETA PARA COMPROBAR OS DATOS. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS O DÍA DA PROBA NIN A PARTICIPACIÓN DE CORREDORES SEN DORSAL
RETIRADA DE DORSAIS: O mesmo día da proba na zona de saída entre as 9.30 horas e as 10.15 horas.

9. A participación limitase a un máximo de 200 atletas.

10. Trofeos: Recibirán trofeo os quince primeiros homes e as cinco primeiras mulleres.

11.  A organización soamente suspende a proba por cuestións climatolóxicas si existe algunha recomendación ou alerta efectuada pola autoridade competente e comunicarase unha nova data o mesmo día da suspensión. Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente dispois do remate da proba para non entorpece-lo desenvolvemento da mesma e será necesario xustificar documentalmente a idade e a condición dos atletas para poder acceder ós premios.

12. Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. A organización ten suscrito un seguro de accidentes para todos os participantes incluido no prezo da inscrición. Non é posible renunciar ó mesmo para variar o custe da mesma. As coberturas do seguro son:

  • Gastos de curación, rescate e traslado: 6.000 €
  • Falecemento: 3.000 €
  • Invalidez: 3.000 €
  • Centros Médicos de Libre Elección por parte do accidentado.

13. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.Descalificarase a toda aquela persoa que non cumpla o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, transite por fora dos camiños marcados, non manteña unha actitude de respeto cara o medio ambiente e os membros da organización ou incumpla a súa obriga de auxiliar a un participante que o solicite. 

MAPAS E PERFÍS
TRAMO BTT 15 km.
Preme para ver a maior tamaño
Preme para ver a maior tamaño
 
TRAMO TRAIL 5 km.
Preme para ver a maior tamaño
Preme para ver a maior tamaño

Descargar ficheiro .KML para visualizar en Google Earth

 

CLASIFICACIÓNS

Si non podes visualizar correctamente a clasificación anterior, PREME AQUÍ para descargar o ficheiro en formato .PDF


GALERÍA DE img

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE

Dende o Camping Rural Ría de Arosa 2, achégannos a seguinte información para facilitar o aloxamento dos participantes que o desexen:

Bungalow para 2  una noche 40 €     dos noches   60 €
Bungalow para 4 .....................60 €       .................... 100 €
Bungalow para 6 .....................70 €       .....................120 €
Bungalow para 8 .....................80  €      .....................140 €
En albergue  una noche ...........8 € ..... dos noches 15 €
Furgoneta, coche-cama ó tienda: 16 € la noche (2 adultos, instalación, coche y luz)

Para o día 1 de decembro no Restaurante La Cascada (dentro do Camping Ría de Arosa 2) un "menú do corredor" con primeiro e segundo prato, postre, café e bebida por 9,50 € con reserva previa.

Atención al cliente
Camping Rural Ría de Arosa 2
Lugar Balteiro, s/n
15993 Oleiros - Ribeira
A Coruña
Telf: 981.86.59.11   *Reservas *(+34) 902 321 010 ~ (+34) 902 333 040
E-mail: rural@campingriadearosa.com(+34) 902 321 010 ~ (+34) 902 333 040
E-mail : playa@campingriadearosa.com


Galería de trofeos donados por Revolutrion na súa tenda en Ribeira (feitos á man por Abraham Benitez):



A xente de Sportbike: Santi, Nelo, e Alfredo; van a estar o domingo no Duatlón Trail dando a asistencia mecánica en ruta cas novas bicis Focus eléctricas, co que terán maior movilidade para darvos o servicio a quen o precise.


AGRADECEMENTOS

Agradecemos a colaboración das seguintes entidades:


Dispoñemos dunha aplicación (APP) para teléfonos móviles co sistema operativo ANDROID, na que podes estar puntualmente informad@ das actividades levadas a cabo por Arousa Natureza e Ocio, ademais de consultar toda a información relevante de cada unha delas: regulamentos, incricións, mapas, fotografías, e clasificacións.

Só tes que buscala por "AROUSA" e xa podes instalala. Ou ben PREMER AQUÍ.

APP desenrolada por: Aplicaciones Móviles DeLaFuente.

 











Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable de ningún tipo de dano tanto físico, moral ou material que poda xurdir no desenrolo das súas actividades. O mero feito de inscribirte nas súas actividades non convela estar cuberto por ningún tipo de seguro salvo que así o especifique o regulamento da mesma.