20 de Abril: III ANDAINA DA CHUVIA (25 km.) - Ribeira
PRESENTACIÓN REGULAMENTO MAPAS INSCRICIÓNS GALERÍA
         
     
COMO CHEGAR COLABORADORES      

 

 

Día: 20 de Abril de 2014 
Hora: 10:00 h.
Distancia: 25 km.
Saída e chegada: Bar A Pontella - Rua Ramón Barreiro, 2 de Ribeira (Parque das Abesadas)
Organiza: Arousa Natureza e Ocio e A Casita Records
Información e plazo inscricións: Arousa Natureza e Ocio (plazo: do 31 de marzo ao 14 de abril)
Custo da inscrición: 5 €
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com

PRESENTACIÓN

A Andaina da Chuvia xa chega á súa terceira de edición logo do éxito e satisfación dos participantes do ano pasado. Coma sempre poñeremos todo da nosa parte para que disfrutedes dun percorrido casi idéntico ao da edición anterior, trataremos de sorprendervos nalgún pequeno tramo, que non imos desvelar.

O punto de saída e chegada estará no centro de Ribeira, na zona das Abesadas, dende o Bar A Pontella, no que ademais ao rematar servirásevos un avituallamento para repoñer forzas e departir os mellores momentos da xornada cos compañeir@s de camiñata.

Espéranvos os Muiños do Amendo, a Capela das Angustias, o Dolmen de Axeitos, o Muiño de Correa, a Capela de San Alberte, a Capela dos Remedios e o Parque de San Roque. Unha rutiña deseñada para camiñar e disfrutar... baixo a chuvia! 

REGULAMENTO XERAL
  • PERCORRIDO:
    • O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso de terra, e parcialmente de asfalto e será de 25 km. debidamente sinalizado.
    • A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
    • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
    • A organización non se inmiscuirá en como se realicen os tramos: correndo ou andando, sempre que se cumpra o horario máximo e non se moleste a outros participantes.
    • O participante é o responsable de localizar as marcas que balizan o camiño e discorrer polo roteiro sinalado.
  • PARTICIPANTES:
    • Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio.
    • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer.
    • Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
    • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
      • Finamento por accidente: 6.000 €
      • Invalidez por accidente: 12.000 €
      • Asistencia sanitaria en centros concertados: ILIMITADA
    • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
    • A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
    • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. 
  • MATERIAL:
    • É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ao avituallamento situado no km. 14 (Dolmen de Axeitos).
    • É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
    • É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
    • A tódolos/as participantes facilitaráselle un carnet de ruta, que deberán presentar no avituallamento e na chegada para verificar que completou o percorrido. 
    • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.
  • INSCRICIÓNS:
    • As inscricións realizaranse unicamente a través da web www.arousa.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
    • O prezo da inscrición é de 5 €.
    • A inscrición da dereito a participar na proba, cobertura do seguro, e acceso ao avituallamento intermedio e final.
    • O pago da inscrición facerase na conta bancaria 0049-2948-21-2895034221 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude (Excepto para os inscritos o entre o 12-14 de abril que deberá facerse en 24 h.).
    • O prazo de inscrición ábrese o 31 de marzo e péchase o 14 de abril.
    • A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
    • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
    • A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.
  • AVITUALLAMENTOS:
    • A organización disporá de avituallamento de líquido e solido ó longo do percorrido situado no km. 14 do percorrido.
    • Dispondrase de un avituallamento de líquido e froita e outras viandas na liña de meta: Bar A Pontella.
    • A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
  • RETIRADA DE ACREDITACIÓNS/CARNET DE RUTA:
    • O mesmo día da proba dende as 9:00 h. ata 15 min. Antes da saída.
    • Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
  • DESCALIFICACIÓNS:
    • Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
    • Si o participante retira sinais da carreira.
    • Si o participante non remata o percorrido.
    • Si o participante non atende as indicacións da organización.
    • Si o participante non porta o material obrigatorio.
    • Si o participante atenta contra o medioambiente.
  • OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
    • Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
    • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades (trasladándose ao domingo 27 ás 10:00 h.).
MAPA
 

Ver ANDAINA DA CHUVIA en un mapa más grande
 
 

INSCRICIÓNS
PECHADO O PRAZO DE INSCRICIÓN.
(Por favor, verifica que estás correctamente inscrito picando aquí)


GALERÍA DE img 2013

CÓMO CHEGAR

Distancias e tempos:

  • De Santiago: 70 km. - 51 min.
  • De Noia: 39 km. - 35 min.
  • De A Coruña: 140 km. - 1:25 h.
  • De Vigo: 95 km. - 1:05 h.
  • De Ourense: 165 km. - 1:45 h.
  • De Lugo: 200 km. - 2:00 h.
AGRADECEMENTOS

Agradecemos a colaboración das seguintes entidades:

 











Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable de ningún tipo de dano tanto físico, moral ou material que poda xurdir no desenrolo das súas actividades. O mero feito de inscribirte nas súas actividades non convela estar cuberto por ningún tipo de seguro salvo que así o especifique o regulamento da mesma.