16 de Marzo: TRAIL DAS FURNAS (12,5 Km.)
Xuño (Porto do Son)

 

 

 

Día: 16 de Marzo de 2014 
Hora: 10:00 h.
Distancia: 12,5 km.
Saída e chegada: Camping Fraga Balada - Xuño - Porto do Son (A Coruña)
Organiza: Arousa Natureza e Ocio
Información e plazo inscricións: Arousa Natureza e Ocio (plazo: do 10 de febreiro ao 10 de marzo)
Custo da inscrición: 6 €
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com

PRESENTACIÓN

ADVERTENCIA: Debido á entrada en vigor o pasado 28 de Febreiro do Decreto 9/2014 polo que se aprova o Plano de Consevación do Chorlitejo Patinegro (a Píllara das Dunas), e a que tal e como se regula nese decreto do 15 de marzo ao 15 de xullo as praias de Rio Sieira e Furnas son zonas de especial protección, vémonos na obriga de modificar o percorrido inicial presentándovos un novo trazado consensuado co Servizo de Conservación da Natureza. Non está na nosa vontade -nin na dos participantes- perturbar o ecosistema dunha ave tan feble coma a Píllara, por eso entendemos que comprenderedes esta modificación que ainda que chega tarde, respeta a distancia e parte do recorrido inicial. Convidámosvos a comprobar no mapa a variación do recorrido e si precisades algunha aclaración ou non estades conformes ca modificación o comuniquedes ao mail contacto@arousa.com


 

Furna: Gran cavidade natural aberta nas penas e rochas, sobre todo a producida pola acción do mar.

Esta é a definición que lle da o dicionario da Real Academia Galega a palabra "Furna". En Porto do Son, na parroquia de Xuño podemos atopar unha praia con varias furnas, un paixase único no que a bravura do mar ronca contra as rochas, e a escuma lanzada polo vento inunda o areal.

E ca marea baixa o espectáculo ainda é máis sobrecolledor polo relaxante batir das olas morrendo nunha gran planicie de fina area. Esa paisaxe é a que seduxo a Amenabar para rodar a película Mar Adentro sobre a vida dun dos veciños máis universais de Xuño.

Si a esa praia lle sumamos uns tramos de percorrido polas lagoas de Xuño e Seráns, e unha ponte medieval sobre o Rio Sieira (a que ilustra o cartel), a garantía de disfrutar dunha carreira independientemente do ritmo e competición que se queira marcar cada atleta, está mais que garantizada.

O perfil no é impresionante polo desnivel, pero ás veces correr pola area é tanto ou máis duro que enfrontarse a unha pendiente.

Pedímosvos de novo que leades con atención o seguinte regulamento xa que nel especifícanse todos aqueles puntos organizativos e participativos da proba, e si algo queda sin puntualizar tedes o email ou teléfono no pé da páxina para as vosas consultas.

 

 

REGULAMENTO XERAL
  • PERCORRIDO:
    • O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso de terra, e será de 12,5 km. debidamente sinalizado.
    • A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
    • A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
    • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
    • Establécense un tempo máximo de 1:45 horas para a realización da proba. A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.
  • PARTICIPANTES:
    • Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
    • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
    • Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
    • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
      • Finamento por accidente: 6.000 €
      • Invalidez por accidente: 12.000 €
      • Asistencia sanitaria en centros concertados: ILIMITADA (en centros concertados
    • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
    • A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
    • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. 
  • MATERIAL:
    • É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
    • É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
    • É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
    • A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal. 
    • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.
  • INSCRICIÓNS:
    • As inscricións realizaranse unicamente a través da web www.arousa.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
    • O prezo da inscrición é de 6 €.
    • A inscrición da dereito a participar na proba, cobertura do seguro, e acceso aos avituallamentos intermedio e final.
    • O pago da inscrición facerase na conta bancaria 0049-2948-21-2895034221 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude (Excepto para os inscritos o entre o 8-10 de marzo que deberá facerse en 24 h.).
    • O prazo de inscrición ábrese o 10 de febreiro e péchase o 10 de marzo.
    • A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
    • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
    • A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.
  • AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:
    • A organización disporá de avituallamento de líquido ó longo do percorrido situado no km. 8 do percorrido.
    • Dispondrase de un avituallamento de líquido e froita e outras viandas na liña de meta: Camping Fraga Balada.
    • A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
    • No Camping Fraga Balada estará a disposición dos participantes o servicio de ducha e vestiario.
  • RETIRADA DE DORSAIS:
    • O mesmo día da proba dende as 9:00 h. ata 15 min. Antes da saída.
    • Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
  • TROFEOS:
    • Entregaranse dezaseis trofeos repartidos do seguinte xeito:
      • 10 primeiros homes da clasificación xeral
      • 3 primeiras mulleres da clasificación xeral
      • 1 primeiro home da clasificación de corredores locais
      • 1 primeira muller da clasificación de corredoras locais
    • A entrega de trofeos realizarase a partir das 12.00 h. no mesmo camping, e si a climatoloxía o impide no pabellón deportivo situado enfrente.
  • DESCALIFICACIÓNS:
    • Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
    • Si o participante retira sinais da carreira.
    • Si o participante non remata o percorrido.
    • Si o participante non atende as indicacións da organización.
    • Si o participante non porta o material obrigatorio.
    • Si o participante atenta contra o medioambiente.
  • OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
    • Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
    • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades (trasladándose ao domingo 23 ás 11:00 h.).
MAPAS E PERFÍS
 

Ver TRAIL DAS FURNAS - V.2 en un mapa más grande
PREME PARA VER MÁIS GRANDE
 

Descargar ficheiro .KML para visualizar en Google Earth

 

RESULTADOS


GALERÍA DE img

CÓMO CHEGAR

Na carreteira de Noia - Ribeira (AC-550) pasando de Porto do Son en dirección a Ribeira, atoparemos un desvío na parroquia de Xuño hacia a Praia das Furnas (a man dereita no sentido da marcha), e debemos seguir todas as indicacións ata chegar á zona de saida (Camping Fraga Balada).

En dirección Ribeira - Noia (AC-550) na parroquia de Xuño o desvio para a praia das Furnas atoparémolo a man esquerda.

Distancias e tempos:

  • De Santiago: 70 km. - 55 min.
  • De Noia: 28 km. - 35 min.
  • De Ribeira: 11 km. - 20 min.
  • De A Coruña: 140 km. - 1:30 h.
  • De Vigo: 97 km. - 1:10 h.
  • De Ourense: 170 km. - 1:50 h.
  • De Lugo: 200 km. - 2:10 h.
OUTRA INFORMACIÓN

Dende o Camping Fraga Balada (www.campingfragabalada.net) infórmasenos dunhas ofertas especiais para os inscritos no Trail das Furnas:

  • Aloxamento: Habitación doble (ou matrimonial) con baño, TV, e almorzo, por 30 €
  • Menú do día: Para os que desexen xantar alí ao remate da carreira por 10 €/persoa
    1º Plato: Ensalada de Pasta ou Croquetas
    2º Plato: Terneira Asada ou Lacón con Grelos
    Postre, café e bebida.

    IMPORTANTE: Facer a reserva si se quere optar a este menú, senón habería que coller o menú do fin de semana.

Deberán facerse as reservas chamando ao teléfono: 981 769 848 - 619 745 989

AGRADECEMENTOS

Agradecemos a colaboración das seguintes entidades:


Dispoñemos dunha aplicación (APP) para teléfonos móviles co sistema operativo ANDROID, na que podes estar puntualmente informad@ das actividades levadas a cabo por Arousa Natureza e Ocio, ademais de consultar toda a información relevante de cada unha delas: regulamentos, incricións, mapas, fotografías, e clasificacións.

Só tes que buscala por "AROUSA" e xa podes instalala. Ou ben PREMER AQUÍ.

APP desenrolada por: Aplicaciones Móviles DeLaFuente.

 











Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable de ningún tipo de dano tanto físico, moral ou material que poda xurdir no desenrolo das súas actividades. O mero feito de inscribirte nas súas actividades non convela estar cuberto por ningún tipo de seguro salvo que así o especifique o regulamento da mesma.