22 de Xuño: Andaina Illa de Ons
PRESENTACIÓN REGULAMENTO

COMO CHEGAR

INSCRICIÓNS COLABORADORES
         

Día: 22 de xuño de 2014 
Hora: 09:30 h.
Saída e chegada: Porto Deportivo – RIBEIRA (A Coruña) // Saida: 9:30 h. (embarque) // Chegada: 20:30 h. (aprox.)
Inscricións: persoas de 13 anos a diante 14 €, nenos de 3 a 12 anos incluidos 10 €, nenos menores de 3 anos gratis. A organización poderá comprobar a idade do menor esixindo a presentación dun documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
Prazas: 200
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com

PRESENTACIÓN

Roteiro de sendeirismo pola Illa de Ons pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. A saida será do Porto Deportivo de Ribeira ás 9:30 h. e chegarase á Illa de Ons ás 10:30 h. (aprox.). Unha vez alí iniciarase unha andaina que levará aos que desexen participar dela: Miradoiro de Fedorentos, Burato do Inferno, e Faro de Ons, cunha distancia de 8 km. e de unhas dúas horas (aprox.). A ruta será guiada por monitores e recoméndase seguir as instruccións que faciliten. A dificultade é media sendo apta para calquer idade.


Parque Nacional Islas del Atlántico (Galicia) from Topillo (A.Leal) on Vimeo.


REGULAMENTO

Recoméndase atender ao seguinte:

  • Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.
  • A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
  • Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.
  • Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.
  • Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.
  • Non se permiten animais de compañía.
  • Non se pode deixar restos de lixo ou comida na illa.
  • Puntualidade na hora de saída do barco, o que non esté no punto de encontro acordado previamente enténdese que desiste de facer o viaxe de ida/volta segundo corresponda. E será responsabilidade súa facer o viaxe de retorno no caso de quedar na illa.
  • A organización NON dispón de seguro de accidentes que cubra a actividade.
  • A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.
  • Debe facerse unha reserva previa de plaza pois estas están limitadas.
  • O pago da inscrición facerase na conta bancaria 0049-2948-21-2895034221 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude (Excepto para os inscritos o entre o 17 e 19 de xuño que deberá facerse en 24 h.).
  • NON se devolverá o importe da praza a quen non faga uso dela.
  • O custe da inscrición non inclue a comida. Na illa hai lugares nos que se sirven comidas, pero recoméndase levar algunha vianda.
  • Existe a posibilidade de facer un segundo roteiro ata Punta Centolo, pasando pola Praia de Melide.
  • O embarque será ás 19:15 h. A saida de Ons será ás 19:30 h. A chegada a Ribeira será ás 20:30 h.
  • A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.
INSCRICIÓNS

 

Si queres comprobar a listaxe de inscritos podes facelo premendo no botón superior que pon INSCRITOS.

 

COMO CHEGAR

Ver SAIDA BARCO en un mapa más grande

 

AGRADECEMENTOS

Agradecemos a colaboración das seguintes entidades:

 











Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable de ningún tipo de dano tanto físico, moral ou material que poda xurdir no desenrolo das súas actividades. O mero feito de inscribirte nas súas actividades non convela estar cuberto por ningún tipo de seguro salvo que así o especifique o regulamento da mesma.