PRESENTACIÓN

Carreira de Montaña por Equipos

Día: 7-8 de marzo de 2015
Horas: 

  • 7/3/2015: 16:30 horas. 16,5 km. Saída: Dolmen de Axeitos - Chegada: Faro de Corrubedo
  • 8/3/2015: 09:45 horas. 11 km. Saída: Camping Ría de Arosa – Chegada: Praza de España

Organiza: Natural Atletas Caninos e Arousa Natureza e Ocio
Colabora: Arousa Norte – Concello de Riveira – Concello da Pobra do Caramiñal – Concello de Boiro – Concello de Rianxo
Información e inscricións: Arousa Natureza e Ocio (plazo: do 18 de febreiro ao 3 de marzo)
Custo da inscrición: 15 €/equipo
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono: 638811000

Dende Arousa Natureza e Ocio e o Clube Natural Atletas Caninos queremos presentarvos unha proba piloto dunha carreira de montaña por equipos en dúas etapas. Esta proba está incluida dentro do Campionato de Mushing de Media Distancia – Gran Premio Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, aproveitando os circuitos trazados e balizados para esa proba e a infraestructura establecida, queremos que os/as corredores/as que dende fai tempo nos demandábades unha proba por equipos ou por etapas, podades experimentar esta modalidade de competición.

Básicamente trátase de conformar un equipo de dúas persoas (home-home, muller-muller, ou home-muller) nos que os dous integrantes particparán nas dúas etapas da proba, unha delas de 16,5 km. e outra en distancia máis curta 11 km. para destexeito poder chegarao rango de corredores que habitualmente participades en carreiras de montaña.

Podedes comprobar os perfís e os mapas na sección de máis abaixo.

 

REGULAMENTO

 

  • PERCORRIDOS:
    • - Os percorridos desenrolarase sobre uns circuitos con piso de terra e tramos de asfalto, e serán de 16,5 km. e 11 km. debidamente sinalizados.
    • - A organización non pode garantir a cobertura ao longo dospercorridos.
    • - Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
    • - Establécense un tempo máximo de 3 horas para a realización da proba do día 7, e de 2 horas para a proba do día 8. A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.
  • PARTICIPANTES:
    • - Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
    • - Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súaactitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
    • - Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
    • - Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivonas seguintes condicións:
      • - Finamento por accidente: 10.000 €
      • - Invalidez por accidente: 12.000 €
      • - Asistencia sanitaria en centros concertados: 6.000 €
      • - Rescates (incluindo evacuación): 40.000 €
    • - Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
    • - Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
    • - Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre cafinalidade e uso que foron deseñados.
    • - A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
    • - Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. 
    • - A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispondrá de tempos intermedios.
    • - Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
  • MATERIAL:
    • - É obrigatorio antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar aos avituallamentos indicados.
    • - É obrigatorio levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
    • - É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
    • - A todos os/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que cheguesen dorsal. 
    • - A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.
  • INSCRICIÓNS:
    • - As inscricións realizaranse unicamente a través da web www.arousa.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
    • - O prezo da inscricióné de 15 € por equipo.
    • - A inscrición da dereito a participar na proba, cobertura do seguro, cronometraxe electrónico, camiseta técnica conmemorativa, e acceso aos avituallamentos intermedio e final.
    • - Para realizar o pago podes facelo dos seguintes xeitos:
      • Efectivo:
        • Arousa N. e O.: Rúa Lustres Rivas, 3 - Ribeira
        • Revolutrion: Avd. da Coruña, 21 - Ribeira; Horario: 10:30 h - 14:00 h e de 17:30 h - 21:00 h
      • Ingreso ou Tranferefencia Bancaria:
        • IBAN ES22 0049 2948 2128 9503 4221 (Banco Santander)  nos vindeiros 4 días do envío da solicitude.
        • Poñer no concepto o/s nome/s da/s persoa/s pola/s que se realiza o ingreso.
        • Prégase remitir por email o xustificante do ingreso/transferencia para acreditar axilmente o pago.
      • Tarxeta ou Pay Pal:
        • Non esquecer indicar os nomes das persoas polas que se fai o pago si é múltiple
        • Pódese pagar con PayPal ou con Tarxeta de Crédito (na segunda ventá pica na opción "No dispongo de una cuenta de PayPal" e xa se che facilita a posibilidade de pagar con distintas tarxetas. Aquí máis información).
    • - O prazo de inscrición ábrese o 18 de febreiro e péchase o 3 de marzo.
    • - A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
    • - A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
    • - A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.
  • AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:
    • - A organización disporá de avituallamento de líquido ó longo do percorrido situado nos seguintes puntos:
      • - ETAPA 7/3/2015 : km. 9 (Espiñeirido) – km. 16,5 (Final).
      • - ETAPA 8/3/2015: km. 7,5 (Carballa) – km. 11,5 (Final)
    • - Dispondrase de un avituallamento de líquido e froita na liña de meta.
    • - A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
    • - No Camping Ría de Arosa, estará a disposición dos participantes o servicio de ducha e vestiario.
    • - A organización dispondrá de vehículos de transporte para trasladar aos participantes ata os lugares de saida, e taméndende os lugares de chegada ata o Camping Ría de Arosa (especificaranse horarios de recollida e traslado).
  • RETIRADA DE DORSAIS:
    • - O mesmo día da proba dendeunha hora ata 15 min. Antes da saída.
    • - Si a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
    • - Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
  • TROFEOS:
    • - Obterán trofeo aqueles equipos que participando nas dúas probas e completando os dous percorridos obteñan o menor tempo resultante da suma dos dous corredores/as
    • - Entregaranse 9 trofeos repartidos do seguinte xeito:
      • - 3 primeiros equipos masculinos
      • - 3 primeiras equipos femininos
      • - 3 primeiros equipos mixtos
    • - A entrega de trofeos realizarase a partir das 13.00 h. na praza de España de Ribeira.
    • - Si a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e condición dos atletas para poder acceder aos premios
  • DESCALIFICACIÓNS:
    • - Si o participante amosaraunha conducta antideportiva.
    • - Si o participante retira sinais da carreira.
    • - Si o participante non remata o percorrido.
    • - Si o participante non atende as indicacións da organización.
    • - Si o participante non porta o material obrigatorio.
    • - Si o participante atenta contra o medioambiente.
    • - Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
    • - Si o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar a outros participantes.
    • - Si o participante pon en risco a súaintegridadeou a de outros participantes cunha conducta manifestamente temeraria.
  • OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
    • - Calqueroutra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
    • - A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.
    • - Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.
    • - Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. 
    • - O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

 

MAPAS:

Si desexas obter o track da ruta en formato .KML podes facelo en dous clicks:

INSCRICIÓNS

 

PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO

AGRADECEMENTOS:

Dende Arousa N. e O. queremos agradecer a colaboración de:

  • Asociación de Veciños de Carreira
  • Concello de Riveira
  • Revolutrion
  • Powerbar
  • Centro Recreativo de Artes
  • Club Natural Outdoor - Atletas Caninos
  • Almacenes Juan Pego
  • Ecoplás
  • Generali Seguros
  • SportBike
  • A Casita Records
Sponsors