INICIO   EVENTOS   CONTACTO   CALENDARIO   FOTOS   VIDEOS   FACEBOOK
PRESENTACIÓN INFORMACIÓN REGULAMENTO INSCRICIÓNS UBICACIÓN COMO CHEGAR AGRADECEMENTOS CONTACTA

PRESENTACIÓN

 

INFORMACIÓN TÉCNICA

Día: 29 de novembro de 2015 
Hora: 10:30 h.
Saída e chegada: Camping Ría de Arosa II-Balteiro-Ribeira
Información: Arousa Natureza e Ocio
Inscricións: www.galitiming.com

Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 18 km. en BTT + 6,5 km. Trail
Custe inscrición: 15 € individual - 25 € equipo
Data límite inscrición: 22 de novembro (ou ata completar as plazas)
Límite de prazas: 250

Un ano máis e no derradeiro fin de semana de novembro chega o Duatlón Trail de Ribeira, con renovados percorridos e novas sorpresas ao longo del que facerán a proba máis divertida, competitiva, e aberta ás posibilidades de tod@s @s porque queremos incidir no caracter popular da proba, pero á vez ofrecer nivel de competitividade para aqueles que buscades superar bonitos retos.

Para aquel@s que coñecedes o Duatlón Trail de Ribeira, advertivos que o percorrido do tramo de Trail cámbiase completamente, nada que ver co que coñecedes ata agora. Amplíase en algo máis dun quilómetro respeto a edicións anteriores, e anúlase totalmente o primeiro quilómetro de asfalto que axudaba a soltar as pernas logo da transición. Ainda así, e pese a ser o percorrido por piso de terra mantemos a dificultade mínima nese primeiro quilómetro para que se poda facer unha transición sen sobresaltos musculares.

Pero as sorpresas non rematan ahí, porque o recorrido do tramo BTT tamén sufre variacións. Novamente alteramos o percorrido en máis de 2 km. respetando a distancia e a maior parte do trazado orixinal que tanto vos gusta, pero mantendo a ilusión do primeiro dia ofrecendo e mellorando os tramos.

Nesta edición tamén contamos con cronometraxe dual RFD mediante chip a cargo de Galitiming, pantalla con resultados en directo, reloxos electrónicos con crono na liña de meta e na transción, camiseta técnica conmemorativa, e dorsal personalizado en Tyvek.

Para estar manterte ao día das novidades desta e outras actividades non te esquezas de premer en:

Os perfiles dos dous tramos son os que quedan nesta imaxe (premendo sobre ela verédela a maior resolución):

Preme para ver a maior tamaño

Aquí deixamos o mapa do lugar polo que vai discurrir a proba:

 

No mapa indicamos as mellores posicións para os afeccionados que desexen seguir a proba, tanto para dar ánimos como para tomar algunhas fotografías, ainda que sen lugar a dúbidas o mellor punto é a aldea de Balteiro xa que por alí chegan a pasar os participantes ata 5 veces en moi poucos metros:

REGULAMENTO

  • A saída darase Camping Ría de Arosa II, situado en Balteiro, parroquia de Olerios no concello de Ribeira as 10.30 horas. 
  • Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.
  • O percorrido desenrolarase maioritariamente nun circuito polo monte, constara de unha primeira parte na modalidade de ciclismo BTT con unha distancia de 18 kms. (nesta especialidade de ciclismo é obrigatorio o uso de casco), o primeiro kilómetro da probra BTT estará neurtralizada por un vehículo da organización; e continúa con unha segunda parte na modalidade de carreira a pé de 6,5 kms.
  • A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
  • A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.  
  • Todo aquel atleta que no kilómetro 18 (tramo BTT) faga un tempo superior a 1 hora e 50 minutos queda descalificado e fora da proba. Establécese un tempo máximo de 2:30 horas para a realización da proba (BTT+Trail). A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura por parte da organización.
  • A organización vai dispoñer de un box  nas instalacións do camping para o rematar a primeira parte en bicicleta os participantes poidan deixar o mateiral e facer a transicción para a carreira a pé. A entrada na zona de box facerase a pé a partir dun punto debidamente balizado, o participante que non a respete e continue na bicicleta a partir dese punto será descalificado. No box soamente poden estar os atletas participantes, estando prohibido o acceso a calquer outra persoa allea a proba. O avituallamento intermedio vai estar instalado neste punto, constara de auga. 

PARTICIPANTES:
  • O número máximo de inscritos será de 250.
  • Crease unha modalidade por equipos de dúas persoas, na que un dos membros participará na modalidade de BTT e o outro na de Trail:
    • O participante no Trail esperará a chegada do seu compañeiro nunha zona do Box reservada para eles.
    • O participante na BTT entrará no Box e deixará a bicicleta no lugar asignado, e dirixirase ata o seu compañeiro/a para darlle a saída golpeando as máns. O incumplimento deste requisito conleva a descalificación do equipo.
  • Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
  • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
  • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
    • Finamento por accidente: 6.000 €
    • Invalidez por accidente: 12.000 €
    • Asistencia sanitaria en centros concertados: ILIMITADA
  • Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e están nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en peligro a él ou a terceiros.
  • Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
  • Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios (casco). Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
  • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
  • A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
  • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. 
  • A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispondrá de tempos intermedios.
  • Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
  • Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.


MATERIAL:
  • É obrigatorio o uso –adecuado- do casco no tramo de BTT.
  • É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
  • É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
  • É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
  • A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible (a altura do peito) ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal. 
  • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.


INSCRICIÓNS:
  • Prazo de inscrición ábrese o 21 de Outubro e remata o 22 de Novembro (ou ata agotar as prazas)
  • As inscricións realizaranse a través da web www.arousa.com ou www.galitiming.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
  • Prezo da inscrición é de 15 € para corredores individuais, e 25 € por equipo.
  • A inscrición da dereito a participar na proba, servizo de cronometraxe electrónico con tempo final e intermedio, dorsal personalizado, camiseta conmemorativa da proba, cobertura do seguro, servizo de duchas, e acceso aos avituallamentos intermedio e final.
  • A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
  • A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.

AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:
  • A organización disporá de avituallamento intermedio de líquido situado na zona de transición entre as dúas probas.
  • Disporase de un avituallamento final de líquido e froita na liña de meta.
  • A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
  • O Camping Ría de Arosa 2 pon a disposición dos atletas vestiarios e duchas no mesmo lugar da saída.

RETIRADA DE DORSAIS:
  • O mesmo día da proba no lugar de saída, entre as 09:30 h. e 10:15 h.
  • Si a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
  • Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
  • E imprescindible para a retirada do dorsal ter presentado (pódese presentar no momento) a FOLLA DE RESPONSABILIDADE E MANIFESTACIÓN; a organización resérvase o dereito a non entregarlle o dorsal a aquel participante que non a tivera presentado.

TROFEOS:
  • Recibirán trofeo:
    • Os quince primeiros homes.
    • As cinco primeiras mulleres.
    • O primeiro equipo másculino.
    • O primeiro equipo feminino.
    • O primeiro equipo mixto (home-muller).
  • Si a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e condición dos atletas para poder acceder aos premios.

DESCALIFICACIÓNS:
  • Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
  • Si o participante retira sinais da carreira.
  • Si o participante non remata o percorrido.
  • Si o participante non atende as indicacións da organización.
  • Si o participante non porta o material obrigatorio.
  • Si o participante atenta contra o medioambiente.
  • Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
  • Si o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar a outros participantes.
  • Si o participante pon en risco a súa integridade ou a de outros participantes cunha conducta manifestamente temeraria.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
    • Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
    • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto, trasladaríase ao domingo día 7 de decembro.
    • Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.
    • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. 
    • O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

     

INSCRICIÓNS

Para inscribirte faino enchendo o seguinte formulario:



UBICACIÓN

CÓMO CHEGAR

 

AGRADECEMENTOS

Agradecemos a colaboración das seguintes entidades:

CONTACTO

Detalles de contacto

Rua Lustres Rivas, 3
Ribeira (A Coruña)

Teléfono: 638 811 000

Email: contacto@arousa.com

Horario:
Luns a Venres 10:00 - 13:00 ; 17:00 - 20:30
Sábado 11:00 - 13:30

Envíanos unha mensaxe