INICIO   EVENTOS   CONTACTO   CALENDARIO   FOTOS   VIDEOS   FACEBOOK
PRESENTACIÓN INFORMACIÓN RECOMENDACIÓNS INSCRICIÓNS EMBARQUE

PRESENTACIÓN

Recientemente (en Xaneiro do 2016) o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, foi incluido pola Fundación Starlight coma un dos destinos turísticos especiais para a observación do cielo nocturno; para obter esta calificación tivéronse en conta as medidas de protección non só do medio, senon tamén da contaminación lumínica.

Ribeira, e grazas á Illa de Sálvora ten acceso a esta oportunidade sen precedentes para tod@s aqueles que a queiran disfrutar; e dende Arousa NeO queremos facer desta posibilidade unha xornada diferente para coñecer máis de preto o medio natural que nos rodea. A programación para o día quedaría así:

  • 16:30 h. Embarque no catamarán dende o porto deportivo de Ribeira, con destino a Illa de Sálvora.
  • 17:15 h. Desembarco e tarde de lecer disfrutando do contorno e das praias da illa.
  • 20:00 h. Servirase unha cea fria a bordo do barco.
  • 21:30 h. Andaina polas rutas indicadas.
  • 22:30 h. Observación e indicacións a cargo dos monitores do ceo nocturno.
  • 23:30 h. Regreso ao barco e saida hacia Ribeira.
  • 23:35 h. Concerto en directo de piano e saxofón.
  • 00:30 h. Desembarco no porto de Ribeira.

As plazas están limitadas a 125 persoas. Polo que se atenderá o riguroso orde de inscrición, de non facer o pago no prazo previsto perderase o dereito de reserva. Recoméndase levar roupa de abrigo para a travesía de regreso, e tamén calzado cómodo para a andaina.

INFORMACIÓN

Día: 30 de XULLO de 2016
Hora: 16:30 h.
Saída e chegada: Porto Deportivo – RIBEIRA (A Coruña)
Inscricións:
35 € por persoa
Prazas: 125
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com

 

Para estar manterte ao día das novidades desta e outras actividades non te esquezas de premer en:


RECOMENDACIÓNS  

Recoméndase atender ao seguinte:

  • Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.
  • A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
  • Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.
  • Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.
  • Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.
  • Non se permiten animais de compañía.
  • Non se pode deixar restos de lixo ou comida na illa.
  • Puntualidade na hora de saída do barco, o que non esté no punto de encontro acordado previamente enténdese que desiste de facer o viaxe de ida/volta segundo corresponda. E será responsabilidade súa facer o viaxe de retorno no caso de quedar na illa.
  • A organización NON dispón de seguro de accidentes que cubra a actividade.
  • A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.
  • Debe facerse unha reserva previa de plaza pois estas están limitadas.
  • O pago da inscrición facerase na conta bancaria 0049-2948-21-2895034221 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude. Tamén pode facerse en efectivo en Rua Lustres Rivas, 3 - baixo (Ribeira) ou en Revolutrion (Avd. da Coruña, 21 - Ribeira).
  • NON se devolverá o importe da praza a quen non faga uso dela.
  • A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.

 

INSCRICIÓNS

EMBARQUE