INICIO   EVENTOS   CONTACTO   CALENDARIO   FOTOS   VIDEOS   FACEBOOK
PRESENTACIÓN INFORMACIÓN REGULAMENTO INSCRICIÓNS UBICACIÓN COMO CHEGAR AGRADECEMENTOS CONTACTA
   

PRESENTACIÓN

Retornamos á actividade no mesmo punto donde se paralizara no ano 2020: PORTOSÍN. Recuperamos o recorrido, xunto cas gañas, para volver a disfrutar dunha zona que tan bos recordos deixou entre os corredores de trail da zona, e que tiveron oportunidad e participar nas dúas anteriores edicións.

Coma sempre, o recorrido ofrece un desnivel de vértigo, para subir a un dos puntos máis altos da serra do Barbanza e poder sentir a ría de Muros-Noia aos pes e disfrutala a vista de páxaro. Sen dúbida o verdadeiro premio desta carreira é facer cumio. Cunha subida casi vertical nos primeros km, logo de sair dende o porto de Portosín, o verdadeiro plus da carreira está ahí. Logo chega o verdadeiro sentido da proba: carballeiras, fragas, regatos, e antigos camiños conduciranche ata o punto de partida.

Somos conscientes que na situación actual é convinte manter máis que nunca o respeto as normas que figuran no regulamento, sobre todo o que atinxe á saude pública. Neso estaredes dacordo con nós, en que seremos inflexibles no estipulado. Preferimos sacrificar un pouquiño o significado que teñen os nosos eventos, a asumir o máis mínimo risco. Por eso vos pedimos dilixencia e disciplina. Sabemos que o que máis vos gusta, e nos gusta, é o fin de festa donde podes compartir saudos, apertas, avituallamento, e charadas cos amigos que -agora máis que nunca- fai tempo que non ves: pero desta vez ímosvos pedir que o fagamos con moitísimo respeto hacia todos e á situación epidemiolóxica.

A evolución da epidemia condicionará as decisións que dende a organización nos vexamos obligados a tomar atendendo ás recomendacións dos sanitarios. Tamén sabemos que eso o ides a entender e aceptar de boa gana.

Toda a información que vaia xurdindo imos facilitárvola a través desta web e das nosas RRSS

INFORMACIÓN TÉCNICA

Día: Domingo 13/06/2021
Hora: 10:00 h.
Saída e chegada: Portosín (Porto do Son)
Información: Arousa NeO e Concellalía de Deportes do Concello de Porto do Son
Inscricións: www.arousa.com e www.galitiming.com
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 14,4 km.
Desnivel+: 738 m+
Tempo máximo de realización da proba: 2:30 h.
Custe inscrición: 10 €
Data límite inscrición: 06/06/2021 as 23:59 h. (ou ata completas as plazas dispoñibles)
Número de plazas: 150
Organiza: Concello de Porto do Son
Colabora: Arousa NeO, Sachacamiños Clube de Montaña, Asoc. de Voluntarios de Protección Civil de Porto do Son


REGULAMENTO

PERCORRIDO:

  • O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso de terra debidamente sinalizado.
  • A organización non pode garantir a cobertura en todo o percorrido.
  • A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
  • O tempo máximo para completar a proba figura nas características técnicas da mesma. A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.

MATERIAL:

  • É obligatorio antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente (mínimo 500 ml) que permita chegar á meta.
  • É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
  • É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
  • A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.
  • Facilítarase un chip a todos os participantes que deberá situar no calzado ou no nocello para a súa correcta lectura nos puntos de control, si o corredor non devolve o chip ao remate da proba deberá abonar o importe do mesmo á empresa proveedora.
  • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.

RETIRADA DE DORSAIS:

  • O mesmo día da proba no lugar de saída, dende as 09:00 h. ata 15 min antes da saída.
  • Si a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
  • Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
  • E imprescindible para a retirada do dorsal ter presentado (pódese presentar no momento) a FOLLA DE RESPONSABILIDADE E MANIFESTACIÓN que lle será facilitada para a retirada do dorsal; a organización resérvase o dereito a non entregarlle o dorsal a aquel participante que non a presente.

PARTICIPANTES:

  • Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
  • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
  • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
    • Finamento por accidente: 10.000 €
    • Invalidez por accidente: 12.000 €
    • Asistencia sanitaria en centros concertados: 6.000€
  • Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e están nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en peligro a él ou a terceiros.
  • Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
  • Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
  • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
  • A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
  • A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispondrá de tempos intermedios.
  • Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
  • Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

 DESCALIFICACIÓNS:

  • Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
  • Si o participante retira sinais da carreira.
  • Si o participante non remata o percorrido.
  • Si o participante non atende as indicacións da organización.
  • Si o participante non porta o material obrigatorio.
  • Si o participante atenta contra o medioambiente.
  • Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
  • Si o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar a outros participantes.
  • Si o participante pon en risco a súa integridade ou a de outros participantes cunha conducta manifestamente temeraria.

TROFEOS e CATEGORÍAS:

  • Recibirán trofeo:
    • @s tres primeir@s da categoría Sacho
    • @s tres primeir@s da categoría Fousa
    • @s tres primeir@s categoría Machado
  • A entrega de trofeos realizarase 5 minutos despois do peche da carreira (ver a ficha técnica de cada proba) nun espazo habilitado preto da liña de meta.
  • Si un/unha premiad@ non recolle o trofeo que lle corresponda, perde o dereito a reclamalo con posterioridade.
  • Si a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e condición dos atletas para poder acceder aos premios.

Establécense tres categorías:

  • Sacho
    • Homes nacidos entre 1986-2003 (35-18 anos)
    • Mulleres nacidas entre 1991-2003 (30-18 anos)
  • Fousa
    • Homes nacidos entre 1972-1985 (49-36 anos)
    • Mulleres nacidas entre 1990-1977 (31-44 anos)
  • Machado
    • Homes nacidos antes de 1971 (50 anos)
    • Mulleres nacidas antes de 1976 (45 anos)

INSCRICIÓNS:

  • As inscricións realizaranse a través da web nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
  • A inscrición da dereito a cronometraxe electrónico por chip, seguro de accidentes do corredor, avituallamento final, asistencia sanitaria en carreira, trofeos.
  • A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
  • A inscrición na proba implica a aceptación do regulamento da mesma sin reservas.
  • Calquera modificación sobre a inscrición hai que notificala un día antes do peche do plazo de inscrición.

AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:

  • Disporase de un avituallamento final de líquido e sólido na liña de meta que se entregará embolsado.
  • A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.
  • NON HABERÁ acceso a duchas e aseos ao remate da proba coma norma anti-Covid-19.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:

  • Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
  • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto, comunicaríase unha nova data de celebración.
  • Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemento da mesma.
  • Arousa NeO non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
  • O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento

PROTOCOLO ANTI-COVID19

  • @ participante deberá portar en todo momento a mascarilla homologada que debe traer xa posta desde que entra ao recinto da carreira e a súa instalación.
  • Establécense quendas de saida de 5 participantes cada 15 seg. separados 2 m. entre eles. Habilitaranse caixas de saida que deberá ocupar unha única persoa.
  • É responsabilidade do participante colocarse na caixa de saida asignada pola organización unha vez que se lle chame pola megafonía. Si non se persona na súa quenda, perde o dereito a tomar a saida noutra quenda.
  • O orde de saida o determinará o tempo facilitado no momento da inscripción polo propio participante e tomarase coma referencia o tempo acadado no último mes nunha distancia de 10 km.
  • Non se permite publico no recinto de saida/meta
  • Para a entrega de trofeos habilitarase un espazo ao que só poderán acceder @s premiad@s

 

INSCRICIÓNS

Como están as inscricións completas e ainda queda xente interesada, habilitamos o seguinte formulario no que podes deixar o teu email de contacto si estás interesad@ en participar no caso de que alguén se dera de baixa antes do 6/6/2021. Avisaríamosche e terías 24 h. para anotarte senon pasaría a plaza ao seguinte da lista.


UBICACIÓN

CÓMO CHEGAR

 

DENDE SANTIAGO DE COMPOSTELA: 50 Km. - 45 min.

DENDE VIGO: 100 Km. 1 h. 15 min.

   

AGRADECEMENTOS

 

CONTACTO

Detalles de contacto

Rua Lustres Rivas, 3
Ribeira (A Coruña)

Teléfono: 638 811 000

Email: contacto@arousa.com

Horario:
Luns a Venres 10:00 - 13:00 ; 17:00 - 20:30
Sábado 11:00 - 13:30

Envíanos unha mensaxe