Dende aquí podes xestionar a túa inscrición tanto para o circuito coma para calquera proba do ARTS2017. Lembra que para poder participar no circuito deberás inscribirte ANTES DA PRIMEIRA PROBA, logo ainda que participes en todas perdes a posibilidade de acceder aos premios do circuito e ao obsequio de Finisher.

 

O importe por anotarse para todo o circuito é de 40 € por persoa, e de 9 € por carreira individual (a distancia minitrail do Ultratrail do Barbanza custará 10 €). A inscrición da dereito a cronometraxe electrónico por chip, seguro de accidentes do corredor, avituallamentos intermedio e final, servicio de ducha, asistencia sanitaria en carreira, trofeos, e a participar nos sorteos dos productos dos patrocinadores. A maiores, aquel@s que se anoten para o circuito terán dereito a camiseta conmemorativa do circuito que se entregará na primeira proba, e -de completar as 4 probas- terá dereito ao obsequio de finalista que acreditará a súa participación nas 4 probas. Igualmente terá dereito a unha camiseta conmemorativa pola participación no Ultratrail do Barbanza.

 

@s inscrit@s no circuito acadan o dereito a participar no Ultratrail do Barbanza na modalidade de MiniTrail de 20 km. de distancia, sen coste adicional algún. Para aquel@s que desexen participar na modalidade de Trail de 35 km. deberán abonar os 10  € de diferencia; e @s que participen na distancia de UltraTrail de 60 km. abonarán os 20 € de diferencia respeto ao importe do minitrail de 10 €. Estas modificacións poden facerse unha vez rematada a súa participación no circuito puntuable (Cidá-San Isidro-Bealo-Castro Barbudo).

 

PRAZOS DE INSCRICIÓN: Para o circuito ARTS2017, o prazo de inscrición ábrese o día 15 de outubro e péchase o Domingo 22 de xaneiro ás 23:59 h. pero todos aqueles equipos que se inscriban antes do 1 de xaneiro de 2017 por cada 10 membros inscritos terán a posibilidade de inscribir a un membro máis de xeito gratuito.

 

Para a inscrición proba a proba os plazos de inscrición quedan como sigue:

 

Si unha vez inscrit@ no circuito, decides non participar e sempre que o comuniques antes do 25/1/2017 (un día antes do peche das inscricións) devolveráseche íntegramente o importe da inscrición.