Tod@s aquel@s inscrit@s para participar no circuito Arousa Revolutrion Trail Series 2017, coma en calquer proba individual que o conforma, sométense ao seguinte regulamento:

PERCORRIDO:

 

  • O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso de terradebidamente sinalizado.
  • A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
  • A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
  • Establécense un tempo máximo de 2:15 horas para a realización  de cada proba (o Ultratrail ten uns tempos diferenciados, consultar). A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.

MATERIAL:

 

  • É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
  • É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
  • É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.
  • A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible (a altura do peito) ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.
  • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.

RETIRADA DE DORSAIS:

 

  • O mesmo día da proba no lugar de saída, entre as 09:45h. ata 15min antes da saída.
  • Si a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
  • Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
  • E imprescindible para a retirada do dorsal ter presentado (pódese presentar no momento) a FOLLA DE RESPONSABILIDADE E MANIFESTACIÓN; a organización resérvase o dereito a non entregarlle o dorsal a aquel participante que non a tivera presentado.

TROFEOS:

 

  • Recibirán trofeo:
    • Os tres primeiros homes categoría Senior (menos de 45 anos)
    • Os tres primieros homes categoría Veterán (a partir de 45 anos incluido)
    • As tres primeiras mulleres categoría Senior (menos de 40 anos)
    • As tres primeiras mulleres categoría Veterán (a partir de 40 anos incluido)
    • Os tres primeiros equipos (nos que a suma dos tempos d@s tres mellores corredor@s de cada equipo sexa inferior ao resto). Os membros dun equipo deberán estar inscritos todos co mesmo nome de equipo (sen variacións).
    • Trofeo especial "Mérito Deportivo"
  • A entrega de trofeos realizarase a partir das 13:15h. nun espazo habilitado preto da liña de meta.
  • Si un/unha premiad@ non recolle o trofeo que lle corresponda, perde o dereito a reclamalo con posterioridade.
  • Si a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e condición dos atletas para poder acceder aos premios.

PARTICIPANTES:

 

  • Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
  • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
  • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
  • Finamento por accidente: 10.000 €
  • Invalidez por accidente: 12.000 €
  • Asistencia sanitaria en centros concertados: 6.000€
  • Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e están nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en peligro a él ou a terceiros.
  • Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
  • Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
  • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
  • A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
  • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
  • A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispondrá de tempos intermedios.
  • Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
  • Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

DESCALIFICACIÓNS:

 

  • Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
  • Si o participante retira sinais da carreira.
  • Si o participante non remata o percorrido.
  • Si o participante non atende as indicacións da organización.
  • Si o participante non porta o material obrigatorio.
  • Si o participante atenta contra o medioambiente.
  • Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
  • Si o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar a outros participantes.
  • Si o participante pon en risco a súa integridade ou a de outros participantes cunha conducta manifestamente temeraria.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:

 

  • Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
  • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto, trasladaríase a unha nova data.
  • Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.
  • Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
  • O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.