Terceira edición do Trail da Cidá en Ribeira, que non deixou indiferente a ninguén nas dúas anteriores, e que unha vez máis reinvéntase cun novo trazado pero mantendo a base que tanto fai gozar aos participantes. A saída e chegada no mesmo centro de Ribeira dende a Praza do Concello, é todo un espectáculo deportivo de primeiro nivel: polo número de participantes que edición a edición non deixa de medrar, e polo público asistente que anima tanto na saída coma na chegada ao longo dos escasos 200 m. de rúas que rapidamente dan paso ao monte.
Un percorrido que transita non só polo Monte da Cidá, senón que tamén o fará polo Parque de San Roque e o seu espazo arqueolóxico, polo Parque Natural do Vilar -nun novo trazado diferente ao do ano pasado-, e sin esquecernos desa "senda do xabaril" que tanto gustou e que se fai máis longa e máis agreste. Pero aínda queda descubrir a sorpresa da "ruta do raposo" pola que escapar do Monte da Cidá hacia o Parque Natural do Vilar.
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:
TRAIL DA CIDÁ - RIBEIRA
27/1/2019
SI QUERES AMPLIAR INFORMACIÓN ESCRÍBENOS OU SÍGUENOS NAS NOSAS REDES SOCIAIS
© Arousa NeO - Política de Privacidade