Dende aquí podes xestionar a túa inscrición tanto para o circuíto coma para calquera proba do Revolutrion Trail Series 2019. Lembra que para poder participar no circuíto deberás inscribirte ANTES DA PRIMEIRA PROBA, logo aínda que participes en todas perdes a posibilidade de acceder aos premios do circuíto.
PREZOS:
- O importe por anotarse para todo o circuíto é de 45 € por persoa (+2,00 € de fianza polo chip).
- @s inscrit@s para o circuíto recibirán un único dorsal e chip válido para todas as catro probas puntuables (@ participante é o responsable da súa custodia e levalo o día da seguinte proba). O chip deberá entregarse na última proba (Trail do Barbanza) e devolveráselle a fianza de 2 € (en efectivo, no momento de entregalo).
- O importe de cada carreira anotándose independentemente para cada unha delas é de de 10 € (a distancia media maratón do Barbanza 42K Trail custará 13 €).
- Aquel@s que se anoten para o circuíto terán dereito a camiseta conmemorativa do circuíto que se entregará na primeira proba.
-
@s inscrit@s no circuíto acadan o dereito a participar no Barbanza 42K Trail na modalidade de media maratón (21 km.), sen custo adicional algún.
- Para aquel@s que desexen participar na modalidade de Maratón de 42 km. deberán abonar 10 € a maoires da inscrición do circuíto.
- Pódese modificar a inscrición e cambiar de distancia ata 15 días antes da disputa do Barbanza 42K Trail (14/04/2019).
- Todos aqueles equipos que se inscriban antes do 1 de xaneiro de 2019 por cada 10 membros inscritos terán a posibilidade de inscribir a un membro máis de xeito gratuíto.

PRAZOS DE INSCRICIÓN:
Para o circuíto, o prazo de inscrición ábrese o día 26 de novembro e péchase o Luns 20 de Xaneiro ás 09:00 h.
Para formalizar a inscrición proba a proba os prazos quedan como sigue:
- Trail da Cidá: apertura o 26/11/2018 - peche 23/1/2019 ás 23:59 h.
- Trail de San Isidro: apertura o 2/1/2019 - peche 13/2/2019 ás 23:59 h.
- XToSín Trail: apertura o 28/1/2019 - peche 13/3/2018 as 23:59 h.
- Portus Apostoli Trail: apertura o 18/2/2019 - peche 3/4/2019 as 23:59 h.
- Barbanza 42K Trail: apertura o 1/12/2018 - peche 5/5/2019 ás 23:59 h.
A TER EN CONTA:
- As inscricións realizaranse a través desta web ou www.galitiming.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
- A inscrición da dereito a cronometraxe electrónico por chip, seguro de accidentes do corredor, avituallamentos intermedio e final, servizo de ducha, asistencia sanitaria en carreira, trofeos, e a participar nos sorteos dos produtos dos patrocinadores.
- A non participación, retirada ou descualificación da proba non implica a devolución do importe.
- A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
- A inscrición na proba implica a aceptación do regulamento da mesma sen reservas (recoméndase a súa lectura).
- Calquera modificación sobre a inscrición hai que notificala un día antes do peche do prazo de peche.
- Se unha vez inscrit@ no circuíto, decides non participar e sempre que o comuniques antes do 14/1/2018 devolveráseche integramente o importe da inscrición.