SAN ISIDRO

24/02/2019

27/01/2019

PORTUS APOSTOLI

7/04/2019

XTOSÍN

17/03/2019

BARBANZA 42K

12/05/2019

REVOLUTRION TRAIL SERIES 2019

REGULAMENTO

INSCRICIÓN

CLASIFICACIÓNS

TROFEOS

COLABORAN

Unha das novidades dentro do Trail Series 2019 cun percorrido para non deixar indiferente a ninguén: a ruta Portus Apostoli. Que une a capital da ría de Muros-Noia con Compostela, e antiga senda de peregrinación para os que chegaban en barco.

saída dende o mesmo centro da Vila de Noia, cun percorrido pola súa rúa principal ata penetrarse no monte de San Marcos e as ruínas da súa capela. De aí a San Paio e San Xusto, para penetrarnos no río que leva o seu nome polo Mosteiro de Toxosoutos, e a espectacular Fervenza de Toxosoutos.

A senda do río levaranos por un percorrido máxico entre as antigas ruínas das fábricas de papel que séculos atrás asentáronse na zona. O percorrido por monte rematará na Ponte de Traba, dando entrada á Vila de Noia polo empedrado do casco histórico que nos retornará ao lugar de saída.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

  • Distancia: 16,8 km.
  • Desnivel+: 670 m+
  • Hora saída: 11:00 h.
  • Tempo Máximo: 2:20 h.
  • Avituallamento Intermedio: km. 8
  • Meta volante: km. 1,9
  • Lugar de saída: praza do Concello - Noia
  • Prezo: 10 €
  • Inscricións: 18/2/2019 - 3/4/2019

PORTUS APOSTOLI TRAIL - NOIA

7/4/2019

SI QUERES AMPLIAR INFORMACIÓN ESCRÍBENOS OU SÍGUENOS NAS NOSAS REDES SOCIAIS

© Arousa NeO - Política de Privacidade