SAN ISIDRO

24/02/2019

27/01/2019

PORTUS APOSTOLI

7/04/2019

XTOSÍN

17/03/2019

BARBANZA 42K

12/05/2019

REVOLUTRION TRAIL SERIES 2019

REGULAMENTO

INSCRICIÓN

CLASIFICACIÓNS

TROFEOS

COLABORAN

TRAIL DE SAN ISIDRO - A POBRA DO CARAMIÑAL

24/2/2019

Quinta oportunidade de correr nunha proba emblemática do Barbanza, na que non só o percorrido coloca aos corredores ao límite da resistencia, senón que tamén os impresiona cas vistas máxicas das gargantas do río Lérez ou o Pedras. A aldea de San Isidro de Posmarcos, xunto cos seus veciños, acollerán cos brazos abertos @s participantes, facéndoos cómplices do evento. Dando folgos ao longo do camiño, e acompañándoos na entrada a meta. Porque se algo ten San Isidro é o ambiente que transmiten as súas xentes.

O percorrido aumenta a distancia con respecto ao ano pasado, e baixa un pouco o desnivel positivo, aínda que a subida ao Salgueiro volve a estar neste novo trazado. Pero despois deste esforzo a metade de carreira, toca baixar ata os meandros do río Lérez e a contorna máxica da Ponte das Taras, que levará de novo aos participantes a chegar a San Isidro non sen pasar antes pola "Corredoira das Prejuntas": que as tradicions están para respectalas e mantelas.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

  • Distancia: 13,5 km.
  • Desnivel+: 722 m+
  • Hora saída: 11:00 h.
  • Tempo Máximo: 2:15 h.
  • Avituallamento Intermedio: km. 8
  • Meta volante: km. 1,7
  • Lugar de saída: San Isidro - A Pobra do C.
  • Prezo: 10 €
  • Inscricións: 2/1/2019 - 20/2/2019

SI QUERES AMPLIAR INFORMACIÓN ESCRÍBENOS OU SÍGUENOS NAS NOSAS REDES SOCIAIS

© Arousa NeO - Política de Privacidade