SAN ISIDRO

24/02/2019

27/01/2019

PORTUS APOSTOLI

7/04/2019

XTOSÍN

17/03/2019

BARBANZA 42K

12/05/2019

REVOLUTRION TRAIL SERIES 2019

REGULAMENTO

INSCRICIÓN

CLASIFICACIÓNS

TROFEOS

COLABORAN

Segunda e a máis esperada proba desta edición do Trail Series despois do éxito de acollida do 2018 celebrada no mes de maio. Incorpórase ao circuíto porque así o demandaron os participantes: polo técnico do percorrido, pola variedade de terreos polos que se pasa, polo vertixinoso descenso dende o alto do monte Iroite, e por un senfín de motivos máis que nos trasladaste: XToSín Trail debería puntuar na seguinte edición dos Trail Series.

De novo saímos do centro da vila mariñeira de Portosín, que tan popular fixo o atletismo nos últimos tempos; pero o asfalto que imos pisar será de xeito testemuñal, pois enseguida nos metemos na praia e no mar, para aos poucos quilómetros da saída volver ao monte máis salvaxe e agreste cheo de regos, fragas, soutos, e sendeiros perdidos que atopamos para que os gocedes.

A chegada de novo ao casco urbano virá precedida dalgunha sorpresa antes de entrar na meta. A indescritible sensación de estar correndo pola praia e polo mar, e continuar por fragas e soutos durante case 15 km. deixamos que a sintades e a gocedes no XToSín Trail.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

  • Distancia: 14,5 km.
  • Desnivel+: 744 m+
  • Hora saída: 11:00 h.
  • Tempo Máximo: 2:20 h.
  • Avituallamento Intermedio: km. 8
  • Meta volante: km. 2,5
  • Lugar de saída: Rúa da Rambla - Portosín
  • Prezo: 10 €
  • Inscricións: 28/1/2019 - 13/3/2018

XTOSÍN TRAIL - PORTO DO SON

17/3/2019

SI QUERES AMPLIAR INFORMACIÓN ESCRÍBENOS OU SÍGUENOS NAS NOSAS REDES SOCIAIS

© Arousa NeO - Política de Privacidade