26/1/2020

16/2/2020

19/4/2020

10/5/2020

21/6/2020

A proba raiña e que vai na VIIIª edición, a que decide campións/campioas, a que coloca a cada un/unha na posición no circuíto Revolutrion Trail Series; se queres ser un corred@r complet@ non pode faltar unha distancia maratón (ou media maratón) entre a túa colección de dorsais, e sobre todo na das túas lembranzas.

Concibido para que tod@s o poidades gozar, con algúns tramos técnicos, outros corribles, subidas que che deixarán sin alento, e un percorrido por (casi) toda Serra do Barbanza deixando a túa pegada nos sitios máis emblemáticos, fermosos e afastados desta contorna.

Se non oíches falar da subida ao Alto dos Forcados, a do Alto do Inxerto, do cumio de Monte Barbanza, das pozas do Río Pedras, da fervenza de San Amedio e das fervenzas do Río San Xoan, non imos contarcho nós que non atopamos palabras para transmitirche o que supoñen para @s que participaron.

Barbanza42K (Barbanza21K) non da tregua nesta derradeira batalla, pero aínda así, cando a remates: vas a querer máis, porque che supo a pouco.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

  • Distancia: 42 km. ou 21 km.
  • Desniveis+: 2086 m+ e 812 m+
  • Hora saída: 9:30 h. e 11:00 h.
  • Tempo Máximo: 8 h./Corte km. 31: 5 h.
  • Avituallamentos: 6 (42K) e 3 (21K)
  • Lugar de saída: Parque García Bayón - Ribeira
  • Prezo: 25 € (42K) e 13 € (21K) - Inscrit@s circuíto 42K son 10 €; o 21K sen coste.
  • Inscricións: 1/12/2019 - 3/5/2020

Si queres comprobar o estado da túa inscrición ou acceder ao listaxe de inscritos podes facelo premendo aquí.

© Arousa NeO - Política de Privacidade

CONTACTA

SÍGUENOS