26/1/2020

16/2/2020

15/3/2020

19/4/2020

10/5/2020

O Trail da Cidá abre de novo o circuíto Revolutrion Trail Series 2020, asentándose nesta cuarta edición coma un dos trails máis populares de Galicia que vai sumando participantes ao pelotón ano tras ano.

Renovamos o trazado en máis dun 80% con respecto ao do ano pasado, con novas sendas, novos camiños, novas paraxes, e un tramo do percorrido polo Parque Natural do Vilar realmente espectacular que nunca se vivira. Pero se o que queres é vivir o trail no mesmo sentido da verba, vaiche a deixar impresionad@ a nova subida á Pedra da Rá que reinventamos por completo, e que se ata agora che parecía un dos enclaves para non esquecer na tempada de carreiras, a desta edición simplemente "marcará" un punto de inflexión no que ata agora te podrías esperar.

Aínda así, non perdemos a senda do "raposo", a do "xabaril", e retomamos a subida ao Castro da Cidá por aquelas rochas que nos últimos quilómetros do percorrido, viñan a lembrarche que estás correndo no Trail da Cidá e que non vai deixar de esperarche unha sorpresa en cada curruncho.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

  • Distancia: 14 km.
  • Desnivel+: 629 m+
  • Hora saída: 11:00 h.
  • Tempo Máximo: 2:15 h.
  • Avituallamento Intermedio: km. 8
  • Tempo de corte: 1:25 h no km. 8
  • Meta volante: km. 2,2
  • Lugar de saída: Praza do Concello - Ribeira
  • Prezo: 10 €
  • Inscricións: 24/11/2019 - 22/1/2020

© Arousa NeO - Política de Privacidade

CONTACTA

SÍGUENOS