26/1/2020

16/2/2020

15/3/2020

19/4/2020

10/5/2020

Sexta edición dos Revolutrion Trail Series consolidándose coma un dos circuítos de carreiras de montaña máis veteráns de Galicia e no que o ano pasado participaron máis de 1600 persoas nas 5 probas que o conforman.

Cada proba con identidade propia, cada percorrido diferente aos de edicións anteriores, cunha carreira que se estrea no circuíto (Trail do San Lois) e que ven para deixar unha pegada profunda nos camiños de Noia, cun sistema de puntuación que tenta  manter a emoción ata a derradeira proba e os últimos metros (coma sucedeu nas edicións anteriores) onde @ mais forte durante máis de 100 días (105) levará a recompensa ao seu esforzo.

Outra das novidades importantes é a presencia e relevancia que lle queremos dar ás mulleres, promovendo que todos os equipos (si desexan puntuar coma equipo e optar aos premios por carreira e do circuíto) incorporen algunha muller nas súas filas; e que ademais acaden a importancia que deben ter dentro dun equipo para demostrar que este é o máis completo: elas rematarán de sumar na puntuación. Coma sempre toda esta info está no apartado da Clasificación. Non vos perdades a nova nomenclatura das Categorías (non cambian as idades, só de nome)

En cada páxina detallámosche as características técnicas e unha breve descrición de cada percorrido, e podes decidirte por participar en todo o circuíto ou elixir algunha das probas. Pero lembra que a inscrición individual por proba non da dereito aos premios, sorteos, e obsequios do circuíto.

Ante todo, e coma sempre convidámosche a ler con detalle o Regulamento xa que nel recóllense a maior parte das dúbidas que poidas ter, e no que tamén incorpórase que nesta edición non se facilitarán recipientes para os avituallamentos líquidos intermedios. Neste sentido queremos facer un chamamento á responsabilidade individual respeto aos residuos (sobre todo inorgánicos) para que levedes un cinto ou mochila no que non se vos caia, xa que temos atopado máis dos que a todos nos gustaría. Pola nosa parte, colocaremos nos avituallamentos recipientes para que os depositedes.

Se aínda che queda algunha dúbida podes pedir información no apartado de Contacto ou premendo na icona do Whatsapp da parte inferior.

Comeza ca aventura!

(Preme nalgunha das imaxes superiores ou nas pestanas para ampliar información)

© Arousa NeO - Política de Privacidade

CONTACTA

SÍGUENOS