26/1/2020

16/2/2020

15/3/2020

19/4/2020

10/5/2020

O Trail de San Isidro é o máis veterano do circuíto Revolutrion Trail Series, chegando neste 2020 á sexta edición voltando de novo a reconstruírse e a percorrer novos camiños que estaban tan esquecidos que ían desaparecer, pero que o vindeiro mes de Febreiro cobrarán nova vida e novos fins cos que dar un sentido ao monte, e á carreira.

Se o Trail de San Isidro presume de ter un dos percorridos máis duros do circuíto, non queremos defraudar a tod@s aquel@s que vos apuntades a comprobalo, e para este ano témosvos preparada unha subida ao Monte Salgueiro que se inicia xusto despois de mollar os pes no río Lérez, a subida do Petón do Vento dende o punto máis baixo ata o máis alto da zona poñerá a proba e fará honra a toda a lenda que acompaña e fala desta mítica subida.

Pero a carreira non acaba aí, senón que estariades na metade do percorrido; aínda queda voltar a mollar os pes no río Pedras, e non unha senón dúas veces.

Coma sempre será o máis curto das 5 probas, pero o que máis desnivel positivo leva. Aínda así, cando te enfrontes a este percorrido, pensa que o límite o pos ti e a túa condición física.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

  • Distancia: 13,4 km.
  • Desnivel+: 795 m+
  • Hora saída: 11:00 h.
  • Tempo Máximo: 2:15 h.
  • Tempo de corte: 1:25 h no km. 8,5
  • Avituallamento Intermedio: km. 8,5
  • Meta volante: km. 1,5
  • Lugar de saída: Praza de San Isidro - A Pobra do Caramiñal
  • Prezo: 10 €
  • Inscricións: 2/1/2020 - 12/2/2020

© Arousa NeO - Política de Privacidade

CONTACTA

SÍGUENOS