26/1/2020

16/2/2020

19/4/2020

10/5/2020

21/6/2020

Debido á crise sanitaria actual derivada da pandemia do COVID-19 e seguindo as restriccións fixadas ata o 26 de abril, vémonos na obriga de SUSPENDER o Trail do San Lois 2020 e eliminar esa proba do circuito Revolutrion Trail Series 2020.

 

@s que estábades inscrit@s facerásevos a devolución na conta bancaria que tedes asociada á tarxeta ca que se fixo o pago; e @s inscrit@s no circuito devolveráselle a parte correspondente a esta proba. Nun email enviado xa se vos explica con máis detalle esta circunstancia.

 

Lamentamos ter que tomar esta decisión, pero sabemos que a sabedes entender debido á situación tan excepcional que estamos a vivir.

O Trail do San Lois é a novidade desta edición do circuíto Revolutrion Trail Series 2020. Mantén a saída na vila de Noia respecto ao Portus Apostoli Trail da edición anterior, pero reinvéntase de principio a fin: cambia o punto de saída, cambia a distancia, cambia o concepto do percorrido, e cambia a dureza en forma de maior desnivel en menos quilómetros.

A Praza do Tapal, en pleno casco histórico da vila medieval de Noia acollerá a primeira edición desta proba que terá como obxectivo coroar o Monte San Lois, que impón a súa presenza dende a saida e ata chegar á meta. Só con mirar para él e ver o cortalumes que o "marca", convida a perderse pola infinidade de sendeiros que o surcan e que moitos deles poden perfilarse dende a mesma praza do Tapal.

O percorrido ten un primeiro sector practicamente chan, aínda que non hai que deixarse enganar e crer que se pode correr con soltura xa que o terreo mol, pesará máis nas pernas que moitas costas arriba. Moitos dos sendeiros son de pouca dificultade técnica o que permitirá acadar boa marcha, pero tratamos de combinarlle repuntes en forma de costas (que se aprecian no perfil) que van crebar o ritmo a partir de que se encara a primeira das subidas.

Respeto ás vistas que podedes ter dende as antenas que coroan o San Lois, mellor que as valoredes vos mesm@s; pola súa verticalidade e caida ata o mar, teredes intres nos que parecerá que estades voando sobre a ría.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

  • Distancia: 13,8 km.
  • Desnivel+: 715 m+
  • Hora saída: 11:00 h.
  • Tempo Máximo: 2:15 h.
  • Avituallamento Intermedio: km. 7,5
  • Tempo de corte: 1:20 h. no km. 7,5
  • Meta volante: km. 2,2
  • Lugar de saída: Praza do Tapal - Noia
  • Prezo: 10 €
  • Inscricións: 27/1/2020 - 11/3/2020

Si queres comprobar o estado da túa inscrición ou acceder ao listaxe de inscritos podes facelo premendo aquí.

© Arousa NeO - Política de Privacidade

CONTACTA

SÍGUENOS