26/1/2020

16/2/2020

19/4/2020

10/5/2020

21/6/2020

Categorías

Establécense tres categorías:

  • Sacho
    • Homes nacidos entre 1985-2002 (35-18 anos)
    • Mulleres nacidas entre 1990-2002 (30-18 anos)
  • Fousa
    • Homes nacidos entre 1971-1984 (49-36 anos)
    • Mulleres nacidas entre 1989-1976 (31-44 anos)
  • Machado
    • Homes nacidos antes de 1970 (50 anos)
    • Mulleres nacidas antes de 1975 (45 anos)

Dorsais

@s inscrit@s no circuíto Revolutrion Trail Series 2020 levarán un dorsal diferenciado por categoría, tendo a seguinte cor de fondo:

  • Sacho: Azul
  • Fousa: Marrón
  • Machado: Vermello

Deste xeito @ participante terá unha referencia visual no transcurso da carreira daqueles corredor@s que compiten na mesma categoría.

Trofeos

PREMIOS POR CARREIRA:

  •  Recibirán trofeo:
      • @s tres primeir@s da categoría Sacho
      • @s tres primeir@s da categoría Fousa
      • @s tres primeir@s categoría Machado
      • Os tres primeiros equipos (nos que a suma da posición segundo a orde de chegada en meta d@s catro mellores corredor@s de cada equipo sexa inferior ao resto -un dos 4 debe ser como mínimo, unha muller-). Os membros dun equipo deberán estar inscritos todos co mesmo nome de equipo (sen variacións). Un club pode inscribir varios equipos de 4 membros ou máis.
      • Trofeo especial "Peneira" a aquel corredor/a que amose unha conduta deportiva merecedora da distinción.
  • Recibirán un obsequio:
      • @s tres primeir@s da xeral individual
  • A entrega de trofeos realizarase 5 minutos despois do peche da carreira (ver a ficha técnica de cada proba) nun espazo habilitado preto da liña de meta.
  • Se un/unha premiad@ non recolle o trofeo que lle corresponda, perde o dereito a reclamalo con posterioridade.
  • Se a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e condición dos atletas para poder acceder aos premios.

 

PREMIOS DO circuíto:

  • Recibirán trofeo:
      • Os tres primeiros homes da clasificación xeral
      • As tres primeiras mulleres da clasificación xeral
      • Os tres primeiros equipos equipos da clasificación xeral
      • Primeir@ de cada unha das tres categorías: Sacho, Fousa e Machado/a (estes trofeos NON serán acumulativos)
      • Trofeo especial ao "Clube máis numeroso" (computará a suma dos membros dos equipos dun mesmo club que remataran as cinco probas)

© Arousa NeO - Política de Privacidade

CONTACTA

SÍGUENOS