26/1/2020

16/2/2020

15/3/2020

19/4/2020

10/5/2020

O Xtosín Trail vaise facendo maior e chega á terceira edición, cun percorrido combinado entre mar e monte, mollando os pes na auga salgada e nos regatos que atopamos polo camiño. De vexetación extensa e intensa, con fragas e muiños, con soutos e carballeiras, e todo para facer cumio a máis de 500 m sobre a ría de Muros-Noia e ver como se abre esa lingua de mar ata a desembocadura do rio Tambre.

Repetimos distancia e mantemos a meirande parte do percorrido, así o pediron os participantes da edición anterior puntuando de xeito masivo coma un dos mellores trazados do circuíto, tanto pola súa dificultade técnica, coma a distancia e desnivel. Que se de algo pode presumir o Xtosín Trail é de ser un trazado técnico, que se fai máis duro porque convida a correr, pero o camiño resístese a poñérnolo doado.

Con saída e meta no mesmo centro de Portosín, a pé do seu porto e rodeado de xiareiros e curiosos que sempre dan unha cálida benvida aos que veñen a participar. Non perdas esta oportunidade, e prepárate a correr no Xtosín Trail.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

  • Distancia: 14,4 km.
  • Desnivel+: 738 m+
  • Hora saída: 11:00 h.
  • Tempo Máximo: 2:15 h.
  • Avituallamento Intermedio: km. 8
  • Tempo de corte: 1:25 h. no km. 8
  • Meta volante: km. 2
  • Lugar de saída: Rúa da Rambla de Portosín - Porto do Son
  • Prezo: 10 €
  • Inscricións: 27/1/2020 - 11/3/2020

© Arousa NeO - Política de Privacidade

CONTACTA

SÍGUENOS