30/1/2022

13/3/2022

22/5/2022

Logo  de ter que cancelarse no 2020 e mantela en suspenso no 2021 volve a proba raiña do trail na bisbarra do Barbanza. Esta VIIIª edición está totalmente rediseñada, con un percorrido totalmente novo, e facendo maior a outra das probas incluidas en anos anteriores no circuito o XtoSín Trail.

Tod@s sabemos o que vos gustaba o percorrido que nas tres edicións anteriores presentou o XtoSín Trail. Sabemos que queríades máis kilómetros, e máis monte para disfrutar, por eso levamos o Barbanza42K Trail ata terras sonenses para que podades saborear gran parte (todo é imposible) destes cumios.

Barbanza42K (Barbanza21K) presenta un desnivel positivo algo menos esixente que na edición anterior, pero só en número, porque as sorpresas ao longo do trazado non vos van dar un respiro. O cortalumes que sube ao cumio do monte Iroite, e a visita á Torre de Inxerto son os puntos máis destacados, para que entre un e o outro podades soltar as pernas e competir e poñer a proba as vosas forzas.

Sobra decirvos que respetamos e mantemos o mellor das edicións do XtoSín Trail: e sumamos outras mais.

A qué esperas para conseguir a túa praza?

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

  • Distancia: 42 km. ou 21 km.
  • Desniveis+: 1820 m+ e 1030 m+
  • Hora saída: 9:30 h. e 11:00 h.
  • Tempo Máximo: 8 h./Corte km. 28: 4:30 h.
  • Avituallamentos: 6 (42K) e 3 (21K)
  • Lugar de saída: Porto de Portosín - Porto do Son
  • Prezo: 30 € (42K) e 18 € (21K) - Inscrit@s circuíto 42K son 10 €; o 21K sen coste.
  • Inscricións: 26/1/2022 - 15/5/2022

Si queres comprobar o estado da túa inscrición ou acceder ao listaxe de inscritos podes facelo premendo aquí.

© Arousa NeO - Política de Privacidade

CONTACTA

SÍGUENOS