30/1/2022

13/3/2022

22/5/2022

Sétima edición dos Revolutrion Trail Series que logo da inacabada edición do 2020 e o obligado parón do 2021 volve co mesmo formato pero con menos probas para poder afrontar con solvencia os coletazos que todavía sigue pegando a pandemia.

Como podedes ver mantense o espíritu do circuito, o sistema de puntuación, a formación dos equipos, e a competitividade en cada unha das probas; nembargantes a nivel organizativo, decidimos espaciar as probas para poder facer fronte a posibles repuntes da crise sanitaria e que nos permitan esquivar mellor os inconvintes. Consideramos que deste xeito temos máis marxe de maniobra no caso de aplazamento/suspensión dunha proba si a situación o demanda.

Mantemos a decidida aposta polos equipos mixtos e pola relevancia da participación feminina nas probas e no circuito. Sabemos da boa acolleita que tivo pola meirande maioría d@s participantes e por isto queremos repetir, e si vedes algún punto de mellora, esperamos os vosos comentarios. Tamén se sigue respetando o nome das categorías tan "autótonas" e tan nosas (lembrade que non cambian as idades, só os nomes).

E agora sí, que vos imos presentar cada unha das probas:

  • Trail de Outes: Proba debutante no circuito e que se disputará na parroquia do Freixo, con saida e chegada no porto e cuns bosques espetáculares; e ollo ca subida ata o Tremuzo, que non vos vai deixar respirar.
  • Trail de San Alberte: Acabas de ler ben, porque o volve ao circuito a proba ca que se inaguraron os Trail Series fai xa casi unha década. Si sentías morriña da carreira, aquí a tes de novo. Si nunca tiveches a oportunidade de correla, pregunta a quén o fixo e seguro que non esaxera nada.
  • Xtosín Trail-Barbanza42K: Faisenos maior a proba de Portosín, e pasa á distancia de media maratón, e de maratón. E evidentemente acompáñanna nesa cifra tamén un desnivel acorde ca distancia. A quén xa lle gustaba Portosín, vai ter agora kilómetros para disfrutala sobradamente.

Non deixes de ver a ficha técnica de cada carreira, pásate polo Regulamento e lee con detalle todo o que alí se expón xa que nel recóllense a maior parte das dúbidas que poidas ter. Coma sempre queremos facer un chamamento á responsabilidade individual respeto aos residuos (sobre todo inorgánicos) para que levedes un cinto ou mochila no que non se vos caia, xa que temos atopado máis dos que a todos nos gustaría. Pola nosa parte, colocaremos nos avituallamentos recipientes para que os depositedes. E lembrade que nos avituallamentos intermerdios non haberá vasos para non xenerar máis residuos.

Si te queres inscribir, na pestaña da parte superior tes acceso aos formularios de inscrición de cada proba.

Se aínda che queda algunha dúbida podes pedir información no apartado de Contacto ou premendo na icona do Whatsapp da parte inferior.

Continuamos a aventura!

(Preme nalgunha das imaxes superiores ou nas pestanas para ampliar información)

© Arousa NeO - Política de Privacidade

CONTACTA

SÍGUENOS