XESTIONA A TÚA INSCRICIÓN

Dende aquí podes xestionar a túa inscrición tanto para o circuíto coma para calquera proba do Revolutrion Trail Series 2023. Lembra que para poder participar no circuíto deberás inscribirte ANTES DA PRIMEIRA PROBA, logo aínda que participes en todas perdes a posibilidade de acceder aos premios do circuíto.

 

Para o circuíto, o prazo de inscrición ábrese o día 14 de novembro e péchase o Luns 23 de Xaneiro ás 09:00 h.

 

Para formalizar a inscrición proba a proba os prazos quedan como sigue:

  • Trail da Cidá: apertura o 15/11/2022 - peche 24/1/2023 ás 23:59 h.
  • Trail de Outes: apertura o 15/11/2022 - peche 26/2/2023 ás 23:59 h.
  • XToSín Trail: apertura o 15/11/2022 - peche 14/5/2023 as 23:59 h.

 

PREZOS:

  • O importe por anotarse para todo o circuíto é de 40 € por persoa para participar nas probas curtas, e 55 € por persoa para participar en todas as probas longas.
  • O importe de cada carreira anotándose independentemente para cada unha delas é de de 15 € para as distancias curtas, e de 20 € para as distancias longas.
  • Cada participante terá un chip e un dorsal  que se lle entregará da proba, o chip debe ser devolto unha vez finalizada a carreira. Non devolvelo implicará o abono de 10 € en concepto de penalización.
  • Aquel@s que se anoten para o circuíto terán dereito a obsequio conmemorativo do circuíto que se entregará na primeira proba.
  • Pódese modificar a inscrición e cambiar de distancia ata 7 días antes de cada unha das probas, abonando ou reintegrando a diferencia de 5 €, según corresponda.
  • Todos aqueles equipos que se inscriban antes do 1 de xaneiro de 2023 por cada 10 membros inscritos terán a posibilidade de inscribir a un membro máis de xeito gratuíto.

CLASIFICACIÓNS E INSCRICIÓNS

Si tes dúbidas contacta con nós en:

ORGANIZA AROUSA NEO - AROUSA.COM