O prazo de inscrición ábrese o vindeiro 15 de outubro, e permanecerá aberto ata o 23 de abril os prezos por recorrido son os seguintes:

 

    • RUTA A - 60 Km: 30,00 € co xantar incluido (*)
    • RUTA B - 35 Km: 20,00 € co xantar incluido
    • RUTA C - 20 Km: 10,00 € sen xantar incluido, que se podrá contratar no momento da inscrición (5,00 €)

 

  • As inscricións realizaranse a través desta web ou www.galitiming.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
  • A inscrición da dereito a participar na proba, servizo de cronometraxe electrónico con tempo final, dorsal personalizado, cobertura do seguro, servizo de duchas, e acceso aos avituallamentos intermedios e final.
  • A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
  • A inscrición na proba implica a aceptación do regulamento da mesma sin reservas (recoméndase a súa lectura).
  • Calquera modificación sobre a inscrición (cambio de RUTA A para RUTA B ou RUTA C) hai que notificala antes do día 20 de Abril.
  • Os inscritos nunha ruta de distancia menor non poderán cambiar de recorrido unha vez iniciada a proba para unha distancia superior, no caso contrario permítese o cambio na desputa da proba.
  • Si unha vez inscrit@ na proba, decides non participar e sempre que o comuniques antes do 20/4/2017 devolveráseche íntegramente o importe da inscrición.

 

(*) O xantar é o menú do día a escoller un prato, bebida e postre; servirase na Cafetería do Centro Recreativo de Artes.