DATOS TÉCNICOS
Día: 24 de agosto do 2018
Hora: 21:00 h.
Saída e chegada: Plaza de Pablo Neruda (a carón do Concello) - Ribeira
Información: http://agadea.org/3o-andaina-solidaria-co-alzheimer-ribeira
Inscricións: On line: www.agadea.org // WhatsApp: 672705053 // Presenciais: Centro de Día de Alzheimer de Ribeira - Sede de AGADEA en Santiago de Compostela.
Páxina web oficial: www.agadea.org
Teléfono de información: 672 705 053
Distancia: 10 km.
Dificultade: Baixa
Custe inscrición: 2 €
Data límite inscrición: Ata o mércores 22 de agosto ou ata agotar as prazas.
Límite de prazas: 250
INFORMACIÓN
Comprácenos presentarlles a 3ª Andaina Solidaria co Alzhéimer, na súa terceira edición. Andaina que dende AGADEA estamos a organizar con especial ilusión e agarimo, con esperanzas de acadar un éxito de participación semellante ao obtido nas pasadas edicións. Dirixida a todos os públicos, dende nenos a maiores, esta andaina transcorrerá, entre o lusco e o fusco, nun entorno privilexiado do Concello de Riveira.
DADO O GRANDE ÉXITO E ACOLLIDA COLLEITADOS NA 1ª E 2ª EDICIÓN, VOLTAMOS A POR EN MARCHA ESTA INICIATIVA QUE NACE DA NECESIDADE DE LOGRAR UNHA MAIOR CONCIENCIACIÓN SOCIAL SOBRE A ENFERMIDADE DE ALZHEIMER.
TRATANDO DE FACER VISIBLES Á POBOACIÓN AS NECESIDADES E DIFICULTADES QUE PRESENTAN AS PERSOAS CON ESTA PATOLOXÍA.
FOMENTAR CONDUTAS MÁIS TOLERANTES E SENSIBILIZAR SOBRE A SITUACIÓN QUE XERA A ENFERMIDADE NA CONTORNA FAMILIAR.
PROGRAMA DO EVENTO:
21:00 horas: Saída da Andaina Solidaria Praza do Concello de Ribeira. Amenizada a cargo de A.F. CHORIMAS de Queiruga.
Entre as 21:30 e as 22:00 horas: comezo da proxección da película “ENGURRAS“, na Praza de Pablo Neruda. Duración da proxección 1:30 horas.
23:45 horas: Peche do evento
Prazo de inscrición ábrese o 1 de agosto e remata o 22 de agosto.
As inscricións realizaranse:
A inscrición da dereito a participar na proba, cobertura do seguro e acceso aos avituallamentos intermedio e final.
A non participación ou retirada da andaina non implica a devolución do importe.
A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do participante que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de evento.
A inscrición na proba implica a aceptación do seguinte regulamento sen reservas.
Percorrido:
O percorrido transcorrerá por sendas debidamente sinalizadas.
O percorrido contará, durante os seus 10km, con guías.
Participantes:
Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o require.
Os participantes están obrigados a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo.
Os participantes asumen que existe o risco dun accidente, e está nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en perigo a el ou a terceiros.
Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
Os menores de 16 anos deberán ir debidamente acompañados dun maior.
Cada participante é o responsable de localizar e seguir aos guías e as marcas que balizan o percorrido.
Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
Material:
É obrigatorio o emprego de iluminación con autonomía suficiente para o seu uso durante as horas nocturnas da proba.
É recomendable antes de tomar a saída portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar aos avituallamentos indicados.
É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer participante que non cumpla esta recomendación.
A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.
Avituallamentos:
A organización disporá de avituallamento intermedio.
Disporase dun avituallamento final líquido e sólido
A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases.
Outras consideracións:
Calquer outra disposición non recollida neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.
Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.
AGADEA non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta andaina.
O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.