DATOS TÉCNICOS
Día: 12 de mayo de 2019
Hora: 09:30 h.
Saída e chegada: Parque García Bayón - Ribeira
Información: Arousa NeO
Inscricións: www.andainas.com e www.arousa.com
Páxina web oficial: www.andainas.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 21 km.
Dificultade: Media-Alta
Custe inscrición: 7€
Avituallamentos: 3 (2 intermedios + meta)
Data límite inscrición: Ata as 12 da noite do 5 de maio
INFORMACIÓN
Un roteiro único, de dificultade media, que che levará por sendas, prados, ríos e montes, para rematar a carón do mar, na praia de Coroso de Ribeira. Si queres disfrutar dun evento deportivo multidisciplinar (*), con presencia de todo tipo de deportistas que teñen en común a súa paixón polo monte, a Andaina do Barbanza é a túa andaina.
O primeiro e o derradeiro kilómetro son de asfalto, a carón do mar, polo paseo marítimo de Coroso. Será o único asfalto que teñamos, que representa un 10% do total do recorrido.
En menos de dous km, estarás transitando pola Carballa, entre os restos dos seus muiños, e que che conducirán ao monte de San Alberte, donde ao abandonalo e despois de repoñer forzas no primeiro avituallamento tocará salvar a primeira das subidas: a das Lobeiras; necesario salvala para que te achegue ata a fervenza de San Amedio e as pozas que fai o rio Arlés no seu nacimento.
De alí saimos á falda do monte da Curota, e por ela transitamos -xa en baixada- ata o cruceiro de Moldes, donde o segundo avituallamento nos espera antes de continuar baixando de novo polo monte de San Alberto ata a Pedra das Cabras (petroglifo) e desembarcar novamente no paseo de Coroso
Recorrido de boa pegada, ainda que terá pequenos tramos que facerán que o sendeirista saque o mellor da súa condición física para afrontalos, pero que lles permitirán botar unha mirada atrás ao rematar para comprobar a beleza paisaxística do entorno polo que está pasando.
Bosques, prados, rio e unha espectacular fervenza agochada e alonxada dos roteiros habituais: vas a perderte todo esto?
(*) NON SE PERMITIRÁ FACER A RUTA CORRENDO: Calquer membro da organización ten potestade para retirar ao participante que a faga correndo. Hai outras opcións de participación e inscrición para facer a ruta correndo (completar info premendo aquí)
Avituallamento km. 14
Auga
Zume e Isotónica
Froita
Froitos secos
Bollería
Avituallamento km. 8
Auga
Zume
Avituallamento META
Auga
Zume e Isotónica (recuperador)
Froita
Bollería
PERCORRIDO:
PARTICIPANTES:
MATERIAL:
AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:
INSCRICIÓNS:
RETIRADA DE ACREDITACIÓNS:
DESCALIFICACIÓNS:
OUTRAS CONSIDERACIÓNS: