DATOS TÉCNICOS
Dia 6/5/2018
Lugar de recepción: Iroite - https://goo.gl/maps/CM9kZZbMJfE2
Hora: 8,15 h.
Saída en bus a As Escobias: 8,40 h.
Lugar de saída da ruta: Iroite
Hora de saída camiñata: 9:00 h.
Distancia 16 kms.
Ruta lineal guiada.
Dificultade media (os 2 primeiros km. en subida constante)
Recoméndase roupa de abrigo e axeitada ás condicións climatolóxicas do día.
Duración da actividade: 9:00 h-14:00 h. solo pola mañan.
Avituallamento intermedio de sólido e líquido.
Limite de prazas.
Inscricións abertas - Límite de plazas
Obrigatorio inscripción online
Custo da ruta 7€
Modo de pago: con tarxeta
INFORMACIÓN
A Etapa 3 comeza cun pequeno tramo de quecemento para afrontar logo a subida pola calzada Romana de Vitres, un vestixio milenario referente da obra civil romana na bisbarra e en Galicia. O remate no Castelo de Vitres, é todo un premio para os camiñantes polas vistas e pola historia que deixou a pegada na serra do Barbanza. Dende ese punto, e ainda que se afrontará algunha pequena subida máis, a camiñata polos chans do Barbanza ata chegar ao Arca do Barbanza son un regalo para o sendeirista. Si por algo se caracteriza esta etapa é polos incontables tesouros arqueolóxicos prehistóricos en forma de mamoas e dólmenes, como polos restos históricos sendo o máximo representante a Calzada Romana de Vitres, sin desmerecer os recentes descubrimentos na serra da época do medievo en forma de pequenos poblados dos que ainda está por descubrir as historias que agochan.
A dificultade calificámola de media, pensando neses dous -ou casi tres- kilómetros iniciais; ainda que despois é perfectamente asumible cunha condición física mínima. Nembargantes, e coma sempre, dende a organización poñemos todo da nosa parte, facendo a ruta guiada para que poidades comunicar aos monitores calquer incidencia que vaia xurdindo. Insistimos no da roupa pola variación de temperatura ou condicións meteorolóxicas cambiantes.
Non se permitirán cans acompañando aos camiñantes.
A inscripción pecharase no momento de ter o cupo de prazas cuberto ou o 3/5/2018 as 23:59 h.
Será obligatorio realizar a inscrición a través do formulario que figura máis abaixo ou dende a web de www.galitiming.com non aceptándose outro tipo de inscrición nin a través doutro medio.
A ORGANIZACIÓN RESÉRVASE O DEREITO ANTE CALQUER IMPREVISTO METEOROLÓXICO DE MODIFICAR TRAZADO OU SUSPENDER A ACTIVIDADE
Teléfono e WhatsApp: 637 954 090
Email: sendaxxibarbanza@gmail.com
Facebook: www.facebook.com/sendaxxi
PARTICIPANTES
O participante terá que encontrarse en perfecto estado de saúde para realizar esta actividade.
Os participantes teñen a obriga de cumprir e atender as indicacións da organización.
Os participantes teñen cobertura de RC e seguro de accidentes.
Os participantes teñen a obriga de comunicar a organización calquer incidente ou contratempo sufrido durante o percorrido SEMPRE ANTES DE ABANDONAR A ACTIVIDADE.
En caso de abandono voluntario por parte do participante deberá ser comunicado a organización.
O participante NUNCA debera saír do grupo sin ter avisado os compañeiros ou a organización.
CONSELLOS
Levar telefono mobil a man e ca bateria cargada.
Levar roupa e calzado axeitado en concordancia co terreo e a metereoloxia.
Levar bastóns de trekking de telos que necesitar.
A organización non se responsabiliza do deterioro ou perda de ningún obxeto persoal do participante.
Todo aquel participante con alerxia a picaduras de insectos, polen ou vexetación deberá preveelo traendo consigo o que considere oportuno.
Haberá botiquin con cousas básicas
AVITUALLAMENTO- DUCHAS
En todalas etapas haberá un avituallamento intermedio de solido e liquido.
As persoas con algunha alerxia a algún alimento ten a obriga de preguntar os voluntarios no avituallamento para así poder evitar calquer reacción alerxica.
Si hai posibilidade de duchas, farese saber.
RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES
Farase sempre no punto acordado firmando por parte do participante un acta asistencial no cal figuran no encabezamento unha serie de NORMAS DA ASOCIACIÓN estando así obrigados o cumprimento das mesmas.
Do punto de recepción de participantes partiremos en bus ata o punto de inicio da ruta.
Maxima puntualidade.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS
Calquer imprevisto xurdido durante a actividade terá que ser resolto pola organización e acatadodo polo participante ou grupo.
A organización reservase o dereito a aplazar ou cancelar a actividade por condicións metereoloxicas adversas con risco para os participantes.
A organización reservase o dereito de poder modificar percorrido por risco do grupo.
A organización pode facer uso das imaxes tomadas durante o percorrido para dar a coñecer a actividade nos medios que considere oportunos.
O DESCOÑECEMENTO DESTE REGULAMENTO NON EXIME DO SEU CUMPRIMENTO.