DATOS TÉCNICOS
Dia 27/5/2018
Lugar de recepción: Parque do Paseo Marítimo de Noia - https://goo.gl/maps/pDANoKSctGF2
Hora: 8,15 h.
Saída en bus a Iroite: 8,40 h.
Lugar de saída da ruta: Iroite (xunto á estación E.V.A. 10)
Hora de saída camiñata: 9:00 h.
Distancia 18 kms.
Ruta premarcada e ritmo libre.
Recoméndase roupa de abrigo e axeitada ás condicións climatolóxicas do día.
Duración da actividade: 9:00 h-14:00 h. solo pola mañan.
Avituallamento intermedio de sólido e líquido.
Limite de prazas.
Inscricións abertas - Límite de plazas
Obrigatorio inscripción online
Custo da ruta 7€
Modo de pago: con tarxeta
INFORMACIÓN
Si o día meteorolóxicamen te acompaña comenzaremos cas vistas da desembocadura do Tambre e Tines xunta ca Vila de Noia,donde remataremos. O percorrido discurrirá polos concellos de Lousame e de Noia, a metade en cada un deles. En Lousame faremos a inauguración da rehabilitación das escaleiras das Arrivadas en Guiende (aquí haberá un pequeno e sinxelo acto de inauguración, 5min).. Pasaremos a discurrir polo sendeiro do regato do Codorneiro e en Tállara xa comenzaremos o sendeiro natural do río Lobo. Xa no concello de Noia ó dolmén da Cova da Moura e o Camiño Real darán is a entrada na Vila de Noia, donde faremos a todolos camiñantes un recibimiento especial en conmemoración do 850 aniversario de Noia
Non se permitirán cans acompañando aos camiñantes.
A inscripción pecharase no momento de ter o cupo de prazas cuberto ou o 24/5/2018 as 23:59 h.
Será obligatorio realizar a inscrición a través do formulario que figura máis abaixo ou dende a web de www.galitiming.com non aceptándose outro tipo de inscrición nin a través doutro medio.
A ORGANIZACIÓN RESÉRVASE O DEREITO ANTE CALQUER IMPREVISTO METEOROLÓXICO DE MODIFICAR TRAZADO OU SUSPENDER A ACTIVIDADE
Teléfono e WhatsApp: 637 954 090
Email: sendaxxibarbanza@gmail.com
Facebook: www.facebook.com/sendaxxi
PARTICIPANTES
O participante terá que encontrarse en perfecto estado de saúde para realizar esta actividade.
Os participantes teñen a obriga de cumprir e atender as indicacións da organización.
Os participantes teñen cobertura de RC e seguro de accidentes.
Os participantes teñen a obriga de comunicar a organización calquer incidente ou contratempo sufrido durante o percorrido SEMPRE ANTES DE ABANDONAR A ACTIVIDADE.
En caso de abandono voluntario por parte do participante deberá ser comunicado a organización.
O participante NUNCA debera saír do grupo sin ter avisado os compañeiros ou a organización.
CONSELLOS
Levar telefono mobil a man e ca bateria cargada.
Levar roupa e calzado axeitado en concordancia co terreo e a metereoloxia.
Levar bastóns de trekking de telos que necesitar.
A organización non se responsabiliza do deterioro ou perda de ningún obxeto persoal do participante.
Todo aquel participante con alerxia a picaduras de insectos, polen ou vexetación deberá preveelo traendo consigo o que considere oportuno.
Haberá botiquin con cousas básicas
AVITUALLAMENTO- DUCHAS
En todalas etapas haberá un avituallamento intermedio de solido e liquido.
As persoas con algunha alerxia a algún alimento ten a obriga de preguntar os voluntarios no avituallamento para así poder evitar calquer reacción alerxica.
Si hai posibilidade de duchas, farese saber.
RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES
Farase sempre no punto acordado firmando por parte do participante un acta asistencial no cal figuran no encabezamento unha serie de NORMAS DA ASOCIACIÓN estando así obrigados o cumprimento das mesmas.
Do punto de recepción de participantes partiremos en bus ata o punto de inicio da ruta.
Maxima puntualidade.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS
Calquer imprevisto xurdido durante a actividade terá que ser resolto pola organización e acatadodo polo participante ou grupo.
A organización reservase o dereito a aplazar ou cancelar a actividade por condicións metereoloxicas adversas con risco para os participantes.
A organización reservase o dereito de poder modificar percorrido por risco do grupo.
A organización pode facer uso das imaxes tomadas durante o percorrido para dar a coñecer a actividade nos medios que considere oportunos. Estas imaxes difundiranse nos medios xestionados por Senda XXI e nunca en redes sociais personais.
O DESCOÑECEMENTO DESTE REGULAMENTO NON EXIME DO SEU CUMPRIMENTO.