DATOS TÉCNICOS
Día: 17 de xuño de 2018
Hora: 08:50 h.
Saída e chegada: Porto Deportivo de Ribeira
Información: Arousa NeO
Inscricións: www.arousa.com e www.andainas.com
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 8 km.
Dificultade: Baixa
Custe inscrición:
Data límite inscrición: Ata as 12 da noite do 15 de xuño ou ata agotar as prazas.
Límite de prazas: 200
INFORMACIÓN
Segundo roteiro que organizamos nas Illas Cíes, e que voltará a ter como protagonistas a Illa de Monteagudo e a Illa do Faro, nas que podremos visitar aqueles enclaves máis destacados destas dúas illas: Lagoa dos Nenos, Praia da Nosa Señora, Pedra da Campá, Faro, e finalmente a Praia de Rodas, ou a de Figueiras; xa que a andaina facerase pola mañán, mentres que a tarde quedará libre para que se poda disfrutar doutros roteiro ou das praias das illas.
O catamarán que nos trasladará ata as Illas Cíes sairá de Ribeira ás 08:50 h. desembarcándonos alí ás 10:30 h. e iniciando o roteiro uns minutos despois. O mesmo catamarán traeranos de regreso ás 20:00 h. (aprox.) no Porto de Ribeira.
Recoméndase atender ao seguinte:
- Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.
- A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
- Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.
- Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.
- Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.
- Non se permiten animais de compañía.
- Non se pode deixar restos de lixo ou comida na illa.
- Puntualidade na hora de saída do barco, o que non esté no punto de encontro acordado previamente enténdese que desiste de facer o viaxe de ida/volta segundo corresponda. E será responsabilidade súa facer o viaxe de retorno no caso de quedar na illa.
- A organización NON dispón de seguro de accidentes que cubra a actividade.
- A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.
- Debe facerse unha reserva previa de plaza pois estas están limitadas.
- O pago da inscrición facerase na conta bancaria ES39 0133 4373 5542 0000 4170 ao día seguinte do envío da solicitude. Tamén pode facerse en efectivo en Arosua NeO (Rua Lustres Rivas, 3 - Ribeira) ou en Revolutrion (Avd. da Coruña, 21 - Ribeira).
- NON se devolverá o importe da praza a quen non faga uso dela.
- O custe da inscrición non inclue a comida. Na illa hai lugares nos que se sirven comidas, pero recoméndase levar algunha vianda.
- A hora do embarque de regreso indicarase no viaxe de ida; o que non esté no porto de Cíes á hora indicada, enténdese que desiste de retornar nese viaxe e o facerá pola súa conta.
- A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.
Punto de embarque: