DATOS TÉCNICOS
Día: Domingo 27 de Xuño de 2021
Hora de saida de Ribeira: 09:30 h. - Hora de chegada a Ribeira: 20:30 h.
Saída e chegada: Porto Deportivo de Ribeira
Información: Arousa NeO
Inscricións: www.arousa.com e www.andainas.com
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancias: 4 km. - 5 km. - 6 km. - 11 km.
Dificultade: Baixa (4-5-6 km) - Media (11 km.)
Custe inscrición:
Data límite inscrición: Ata as 12 da noite do 23 de xuño ou ata agotar as prazas (do barco ou de acceso á illa facilitadas polo P.N. das Illas Atlánticas).
Límite de prazas: 170
INFORMACIÓN
IMPORTANTE: A reserva da praza implica a tramitación de solicitude de aceso á illa, esta é persoal e intransferible; polo que so se poden realizar modificacións 15 días antes da visita.
Xornada de contacto ca natureza nun entorno único en Galicia como é o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Nesta ocasión e respetando as limitacións de seguridade e saude pública derivadas da Covid19, as rutas estructuraranse da seguinte maneira:
No resto da xornada podes descubrir a gastronomía nos restaurantes da única das illas habitadas do Parque Nacional (non deixes de probar o Polvo de Ons, pescado e cociñado alí mesmo), e relaxarte nas súas praias que nada teñen que envididar a outras das illas do Parque.
E si o prefieres, sempre quedan roteiros por descubrir, perfectamente balizados e indicados para que disfrutes dos paseos.
Recoméndase atender ao seguinte:
- Os menores de 18 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.
- A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
- Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.
- Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.
- Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.
- Non se permiten animais de compañía.
- Non se pode deixar restos de lixo ou comida na illa.
- Puntualidade na hora de saída do barco, o que non esté no punto de encontro acordado previamente enténdese que desiste de facer o viaxe de ida/volta segundo corresponda. E será responsabilidade súa facer o viaxe de retorno no caso de quedar na illa.
- A organización dispón de seguro de accidentes que cubre a actividade.
- A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.
- Debe facerse unha reserva previa de plaza pois estas están limitadas.
- O pago da inscrición facerase na conta bancaria ES80 2100 4373 9402 0018 5544 (indicando o nome da/s persoa/s polas que se fai o ingreso) nos vindeiros 2 días do envío da solicitude. Tamén pode facerse en efectivo en Arosua NeO (Rua Lustres Rivas, 3 - Ribeira).
- NON se devolverá o importe da praza a quen non faga uso dela.
- O custe da inscrición non inclue a comida. Na illa hai lugares nos que se sirven comidas, pero recoméndase levar algunha vianda.
- O embarque será -previsiblemente- ás 19:15 h. A saida de Ons será ás 19:30 h. A chegada a Ribeira será ás 20:30 h.
- A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.
Punto de embarque: